| retrato de Neira Vilas por Sabela Arias |
A exposición que xa leva máis dun ano percorrendo Galicia seguirá o seu decorrer polas nosas terras e esperamos que se achegue a terras lucenses nun futuro.
| retrato de Neira Vilas por Sabela Arias |

Inmersos como estamos nos Xogos Olímpicos 2012, pode ser ese un bo momento para ler algún libro con esta temática. Estes son os nosos recomendados:
Como cada curso, ao remate das actividades do noso Club, elaboramos unha memoria que recolle as principais actividades realizadas ao longo de todo o ano. Este curso lemos moitas obras nos diferentes grupos e elaborouse unha serie de trípticos para as familias.| Á entrada da catedral de Mondoñedo |
| casa de Álvaro Cunqueiro |
| onda a ponte do Pasatempo |
| cemiterio de Mondoñedo-nicho de Álvaro Cunqueiro |
| Praia das Catedrais |
O alumnado de 6º leu Mafalda, obra que lle gustou bastante polo seu sentido do humor e crítica social nunha situación de cambios e crise da Arxentina dos anos 70 similar á nosa actual.
O alumnado de 3º, 4º e 5º leu diferentes exemplares de Astérix e comentamos aspectos xerais e falamos dos nosos personaxes favoritos e dos episodios que máis nos gustaron.


![]() |
| foto da Galipedia |
No día de onte reunímonos no Club de lectura para comentar o libro El tiempo entre costuras e amosamos as nosas diversas opinións sobre o mesmo. Ao final da reunión acordamos que a próxima obra a ler será o libro de Jane Austen, Orgullo e prexuízo. Aquí tedes un enlace para saber máis da obra, sobre a que faremos a reunión a finais de febreiro.
Finalmente acordamos que a próxima obra que leremos sexan os comics de Mafalda. Imos ler os libriños pequenos pero cada un lerá un número diferente e irémolos intercambiando de aquí á data do exame.
O mércores 7 de decembro tivemos unha sesión moi especial do Club de Lectura. Estivemos na aula de educación infantil de 3 e 4 anos e lemos dous contos preciosos:
Ao final fixemos uns debuxos preciosos dos contos: dos pingüíns e do ourizo cacho.![]() |
| Agustín Fernández Paz |
![]() |
| As flores radiactivas |
O grupo de 1º e 2º de ESO ten proposto o libro de Neira Vilas, Memorias dun neno labrego, de 1951. Celebramos agora o seu 50 aniversario e é un libro moi entretido ao tempo que non deixa de ser unha obra clásica.
O grupo de 3º e 4º de ESO leremos como primeira lectura o libro de Agatha Christie O asasinato de Roger Ackroyd, a primeira obra realmente famosa desta famosísima autora de novela negra. Se non leste ningunha dela aínda é un bo libro para comezar. Se queres lelo online, pincha aquí para atopar o texto. Se prefires lelo en papel agarda uns días a que nos cheguen novos exemplares.