Mostrando entradas con la etiqueta O Principiño. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta O Principiño. Mostrar todas las entradas

3/6/26

O principiño

 Nunha reunión diferente á de 2º de ESO (polo número de exemplares dispoñibles) puxémonos hoxe a comentar O principiño, falando do autor, da historia do libro, das traducións del con que contamos e, especialmente, coa edición troquelada que temos na biblioteca.

O libro resultou bastante complexo para as lectoras pero aínda así todas saímos da reunión entendendo moito mellor o noso principiño e os diferentes personaxes e planetas que vai atopando.

14/5/26

O principiño

 Hoxe xoves 14 de maio o alumnado de 2º de ESO reuniuse para falar do famoso libro do Principiño de Antoine de Saint-Exupéry.

Falamos do simbolismo do libro, de que detrás da súa simplicidade é un libro moi complexo e, en xeral, as alumnas participantes coincidiron en que lles pareceu bastante complexo.

Estivemos vendo varias edicións en diferentes linguas así como unha preciosa edición con pop-ups que temos na nosa biblioteca.

21/12/12

Reunión do grupo de adultos - O Principiño

No día de onte reunímonos na biblioteca do centro para falar da novela O principiño. En xeral gustounos moito e coincidimos nas múltiples lecturas que se poden facer destas obras en segundo a idade do lector. 

Tamén falamos de como se poden aplicar as ensinanzas do libro á nosa forma de vida actual.
Con vistas á próxima reunión acordamos ler De profundis de  Miguelanxo Prado, mentres pensamos que outra obra ler a continuación.

12/12/12

Sesión O Principiño

Hoxe reunímonos todo o alumnado de secundaria do Club de Lectura e mais o profesorado coordinador coa intención de comentar O principiño de Antoine de Saint-Exupéry.
Aínda que non todo o mundo rematara de ler a obra falamos dela e intentamos ver que había destrás de cada situación e personaxe do libro. Aqueles de nós que remataramos de ler a obra coincidimos en que é un libro moi interesante e que ten un final que merece a pena verse.
Tamén puidemos gozar co precioso exemplar desta obra que trouxo o profesor Carlos Vázquez García.
Finalmente quedamos en establecer dous groupos para vindeiras reunións, un para aqueles interesados en ler unha obra máis breve, dos que intentaremos ter exemplares dispoñibles proximamente na biblioteca do centro.

30/11/12

Data sesión O Principiño

A novela O principiño comentarémola ao longo do mes de decembro nas reunións que teñamos a tal efecto.
Faremos unha reunión o mércores 12 no recreo da mañá para todo o alumnado mentres que o grupo de adultos reunirase a semana seguinte, posiblemente o mércores 18 ou xoves 19 despois das clases.
Agardamos vervos na reunión.

8/11/12

O Principiño

Este mes o alumnado de ESO do Club de Lectura de Guntín imos ler a obra de Antoine de Saint-Exupéry, O Principiño. Para iso mercamos varios exemplares tanto de galego coma en castelán para que poidades elixir en que lingua queredes lelo.

Confiamos en poder celebrar a reunión a finais deste mes de novembro, antes de que teñamos moitos exames.