Mostrando entradas con la etiqueta Memorias dun neno labrego. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Memorias dun neno labrego. Mostrar todas las entradas

27/8/12

Encontro con Neira Vilas en Betanzos

A finais do mes de xullo en Betanzos presentouse a exposición itinerante conmemorativa do cincuentenario da publicación de Memorias dun neno labrego. En  dita exposición diversos artistas presentaban interpretacións persoais da obra literaria e estreábase un retrato do escritor.


retrato de Neira Vilas por Sabela Arias
Como sempre Xosé Neira Vilas foi moi ameno ao relatar anécdotas da súa interesante vida e dos coñecidos seus en España e América nunha época de cambios e revolucións.


A exposición que xa leva máis dun ano percorrendo Galicia seguirá o seu decorrer polas nosas terras e esperamos que se achegue a terras lucenses nun futuro.

15/12/11

Sesión sobre Memorias dun neno labrego
















Onte mércores tivemos a nosa última sesión do Club de lectura de adultos, á que sentimos que non puidesen asistir varios dos membros habituais.

Comentamos a obra Memorias dun neno labrego de Xosé Neira Vilas, obra que nos gustou moito a todas as asistentes e na que puidemos ver o pouso da emigración no autor e mais como ese mundo reflectido na obra xa desapareceu do mundo rural do noso contorno. En cambio tamén vimos como outros aspectos, por exemplo o concepto da morte, todavía están moi presentes na nosa sociedade.


Agora que xa remata o ano, acordamos ir lendo a novela de María Dueñas, El tiempo entre costuras, con vistas á vindeira reunión, que terá lugar en xaneiro, á volta das vacacións de Nadal.

19/10/11

Primeira sesión do Club de lectura do curso 2011-2012

No día de hoxe tivemos a primeira sesión correspondente ás actividades do club de lectura 2011-2012. Lemos de forma presencial Así foi, doutor de Suso de Toro. Houbo unha importante asistencia á sesión e gustounos moito ó humor deste relato.

Tamén quedamos en ler para a próxima sesión, Memorias dun neno labrego de Xosé Neira Vilas, novela da que se celebra este ano o seu 50 aniversario. Aínda está a data da sesión na que o comentaremos por fixar.