24/6/15

MÁIS LIBROS E CINE

No Club de Lectura Guntín seguimos neste curso comentando e analizando obras literarias que teñen adaptación ao cine.

Nos grupos do alumnado lemos:
Oliver Twist, de Charles Dickens
Billy Elliot, de Melvin Burgess
O Nicolasiño, de René Goscinny e Jean-Jacques Sempé
Los juegos del hambre, de Suzanne Collins
La ladrona de libros, de Markus Zusak

E no grupo de adultos:
La muerte en Venecia, de Thomas Mann
A esmorga, de Eduardo Blanco Amor
Desayuno en Tiffany's, de Truman Capote
Una habitación con vistas, de E. M. Forster

Pero incluímos tamén algunha obra que de momento non teñen adaptación a gran pantalla: O agasallo de Anya, de Sabela Núñez Singala para o alumnado e A memoria da choiva, de Pedro Feijoo para os adultos.

Aparte das lecturas, no mes de xuño fixemos unha visita ao Pazo de Oca; os fermosos xardíns que percorremos foron escenario de varias películas como La piel que habito de Pedro Almodóvar, Sonatas de Juan Antonio Bardem o La noche oscura de Carlos Saura.