
O grupo de 1º e 2º de ESO ten proposto o libro de Neira Vilas,
Memorias dun neno labrego, de 1951. Celebramos agora o seu 50 aniversario e é un libro moi entretido ao tempo que non deixa de ser unha obra clásica.

O grupo de 3º e 4º de ESO leremos como primeira lectura o libro de Agatha Christie
O asasinato de Roger Ackroyd, a primeira obra realmente famosa desta famosísima autora de novela negra. Se non leste ningunha dela aínda é un bo libro para comezar. Se queres lelo online,
pincha aquí para atopar o texto. Se prefires lelo en papel agarda uns días a que nos cheguen novos exemplares.
O grupo de adultos tamén leremos esta primeira obra de Ágatha Christie.
Tamén temos un grupo de lectura presencial. Nese grupo leremos nesta primeira sesión o relato de Suso de Toro,
Así foi, doutor.
E para aqueles do grupo de adultos que queiran ir adiantando traballo, recordámoslles que poden ir lendo a obra de María Dueñas,
El tiempo entre costuras, que pola súa lonxitude deixaremos para a volta de Nadal.