Mostrando entradas con la etiqueta comic. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta comic. Mostrar todas las entradas

4/5/26

Arrugas e Adelina

O pasado 15 de abril reunímonos o profesorado do Club para falar das últimas dúas lecturas: Arrugas de Paco Roca e Adelina de Sandra Lodi, ilustradora de Lugo.

En conxunto gustáronnos moito as dúas obras pero todas sentimos debilidade pola obra de Paco Roca. Adelina ten un debuxo máis actual  pero ambas lecturas coinciden no complicado de enfrontarse aos últimos anos de vida, onde as capacidades mentais van a menos, e as institucións non sempre están a altura.







29/2/12

Reunión do Club

Hoxe mércores 29 de febreiro reunímonos na biblioteca para falar de Mafalda, a obra de Quino. Varios dos presentes leramos varios exemplares e outros só un. En xeral gustounos o libro aínda que hai detalles que nos reminten á Arxentina dos anos 60 e 70. Dado que a crise imperaba en Arxentina daquela resultan apropiadas para a nosa crise actual.

24/1/12

sesión sobre Mafalda

Xa podemos ir lendo as obras de Quino, os seus libros de Mafalda, que desde a semana que vén terán reforzos na biblioteca pois imos adquirir novos exemplares para que todos teñamos a oportunidade de lelos.
Se queres saber máis de Quino ou Mafalda, pica aquí para descargar o documento.

18/1/12

Sesión sobre As flores radiactivas de Agustín Fernández Paz

No recreo de hoxe mércores o grupo de alumnado de ESO comentamos a última obra que lemos dentro das actividades do Club de Lectura deste curso escolar, As flores radiactivas de Agustín Fernández Paz. Gustounos porque é unha novela de acción e sobre unha temática de actualidade. Intentamos buscarlle outros finais alternativos pero finalmente preferimos o que tiña a obra. O que si pareceunos un tanto improbable o final, por moita radiación que poida haber non parece probable que teña o efecto de modificar o comportamento da xente, e menos para mellor.

Finalmente acordamos que a próxima obra que leremos sexan os comics de Mafalda. Imos ler os libriños pequenos pero cada un lerá un número diferente e irémolos intercambiando de aquí á data do exame.

Os que non puidestes vir á reunión, animádevos a ler a obra de Quino, Mafalda, e quedamos na próxima reunión que aínda está por fixar pero probablemente sexa a finais de febreiro.