16/11/22

"Beleza vermella" intriga e sorprende aos lectores do grupo de adultos

 Arantza Portabales  con Beleza vermella, consigue ternos a Tod@s en tensión ata o final.

A mellor crítica para esta novela negra tan ben enredada. Linguaxe escollida de fácil comprensión , trama moi ben argallada, e feitos entrelazados que parecen creibles e que nos transportan a un crime real acaecido tamén na cidade de Santiago.

As personaxes  amosan motivos abondos para ser sospeitosas pero ata o final manteñen a intriga.

Destacamos a mostra do poder, a apariencia, a envidia e como unha mente retorcida pode provocar un final tan inhumano.

Lectura rápida e recomendable tanto para noveles como para lectores aficcionad@s.











14/11/22

Fideliño o carteiro conta segredos aos alumnos de 6ª de EP

 Hoxe tivemos a reunión de lectores do Club de 6ª de EP.

Todos coincidimos na necesidade de que siga habendo carteiros nos pobos que nos traigan cartiñas con boas noticias, que nos calmen as ansiedades e que recuperemos esa comunicación cos nosos amigos e familiares.

Fideliño é o encargado de traer a felicidade a Moitomellor, e só lle pedimos que non descubra tantos segredos como reparte. 

Hai personaxes moi variadas pero todos buscan o mesmo: a felicidade que só se consegue entendéndose cos demáis.