Arantza Portabales con Beleza vermella, consigue ternos a Tod@s en tensión ata o final.
A mellor crítica para esta novela negra tan ben enredada. Linguaxe escollida de fácil comprensión , trama moi ben argallada, e feitos entrelazados que parecen creibles e que nos transportan a un crime real acaecido tamén na cidade de Santiago.
As personaxes amosan motivos abondos para ser sospeitosas pero ata o final manteñen a intriga.
Destacamos a mostra do poder, a apariencia, a envidia e como unha mente retorcida pode provocar un final tan inhumano.
Lectura rápida e recomendable tanto para noveles como para lectores aficcionad@s.
No hay comentarios:
Publicar un comentario