28/2/23

Alumn@s de 5º de EP desmenuzan "O agasallo de Anya"


Dirixidos pola súa Titora, Belén de la Fuente, estes alumn@s de 5º de EP, fan unha análise polo miúdo do libro “O agasallo de Anya” tratando aspectos como a familia, a solidaridade e a emigración. Tamén conversan sobre a situación de Ucrania a raíz da fuga radiactiva de Chernóbil e da súa situación actual.
Recomendan a lectura deste libro por tratar eses temas citados tan de actualidade no noso entorno.








 

"Cartas de inverno" intrigan ao alumnado de 2º de ESO



Agustín Fernández Paz coas "Cartas de inverno" engaiolou aos alumnos de 2º de ESO de xeito que ademáis  de disfrutar coa lectura, deu pe a un distendido e proveitoso debate. Cada quen deu a opinión do contido e das actitudes dos tres/ catro personaxes principais pero o remate sería ben distinto para cada lector. 
Destacaron os enigmas galegos: supersticións, pantasmas e desconfianzas da xente que non contan o que saben da casa encantada para axudar ao novo propietario.
Non entenden a mala comunicación entre os dous amigos que están pendentes das cartas e cuxo contido se coñece no desenlace da obra.
Recomendan a lectura deste libro tanto pola intriga , tensión e ansia por atopar o final como pola facilidade da súa lectura.


 

5/2/23

"SENLLEIRAS" e "LOS ENAMORAMIENTOS", convocan ao grupo de lectores Adultos


Con masiva asistencia á convocatoria, adentrámonos no mundo de "Senlleiras" para denunciar unha vez máis a penosa situación das mulleres que non poden ou non se atreven a manifestar a súa situación de sometemento, humillación e incluso sufrimento físico. Ninguén merece ese tratamento!
Destacamos a alusión do desprecio hacia o sexo feminino reflectido nun libro cuxo autor é un renomeado médico.
As redes sociais mal usadas, a sociedade corrupta, a soidade, a violencia machista...son quenes de anular as mentes máis prodixiosas que poidamos imaxinar.
Alana, a protagonista , refuxiábase nos libros  como  única compaña, nun ambiente onde case ninguén sabía ler!

"Los enamoramientos", obra destacada de Javier Marías que nos aporta unha prosa moi retórica, con vocabulario e expresións moi selectos, de xeito que recomendamos lela con tempo e con lápiz e papel á man porque máis que unha novela, amosa ser unha contínua reflexión do amor , do estado do enamoramento , da morte e da impunidade de moitos actos.  
 A trama fai que a lectura te enganche ata o final, deleitándonos así coa  beleza da linguaxe empregada.