17/10/21

O grupo de lectores adultos conversan co autor de "O conserxe"

Os membros do grupo de adultos do club de lectura Guntín,empezan a súa actividade co privilexio de contar co autor da obra lida. 

Xosé Luís Vázquez Somoza, fixo unha exposición inicial sobre a súa intención ao escribir "O conserxe"e foi aclarando cada pregunta xurdida nun distendido e animado coloquio.

 A xuntanza destacouse por: 

 - Asistencia total dos lectores inscritos. 

- Participación activa mediante preguntas e suxestións. 

- Valoración-estudo dos personaxes, lugares citados, localización de cada acto, linguaxe empregada...e en especial o tema principal e subtemas de utilidade/repercusión no ámbito escolar.


 




5/10/21

En marcha o Club de Lectura Guntín 2021-2022!

 

Velaí as portadas dos libros cos que os lectores están disfrutando e serán comentados na 1ª xuntanza. 

Presentamos o carnet de lector do curso 2021-2022 que xustificará a asistencia a cada reunión.

 Os membros deste Club de Lectura están distribuidos en 4 grupos: Grupo I, alumnado de 5º e 6º de EP, Grupo II e Grupo III, con alumnado de ESO e Grupo IV, de adultos (profesores, ex-profesores e persoal non docente). 

As lecturas son independientes dos grupos e propostas polos membros dos mesmos.

 A finalidade deste Club de Lectura é: 

- Fomentar o hábito lector. 

- Favorecer o establecemento de relacións interpersoais de cordialidade e amizade. 

- Favorecer o desenvolvemento da competencia lingüística e comprensión lectora. 

- Educar o sentido crítico da información e reflexionar sobre os contidos das lecturas. 

- Contribuir ó desenvolemento das competencias básicas,a educación en valores e a socialización do alumnado. 

A ler e compartir!