18/12/21

Profesor de matemáticas e profesora de lengua en peligro..?

Alumnos de 1ª e 2ª de ESO, disfrutaron das lecturas: "El asesinato de la profesora de lengua " y "El asesinato del profesor de matemáticas" e hoxe ,16 de decembro,reunímonos para compartir esa experiencia. 

 Os títulos xa dicen moito, e todos eles confesaron que leron os 2 libros case dunha tirada: a trama tiraba da lectura, había intriga, suspense e ansiedade por descubrir cada pista para salvar aos profesores e conseguir aprobar a asignatura.

Denunciaron certa fantasía no tempo empregado para resolver os enigmas, sobre todo polas distancias que recorrían en tan pouco tempo, e sempre chegaban! 

 Resaltaron tamén o compañeirismo e empatía entre os protagonistas por un fin tan xusto como salvar a vida das persoas. Tamén valoraron positivamente a presión que lles impuxeron os profesoress como única motivación para implicarse na actividade académica. 

Destacaron os novos trucos matemáticos, recursos literarios, xogo de palabras...e a serie de escritores que se ían citando.

 Expostas e contrastadas as súas opinións, foron localizando os nomes de importantes escritores e señalándoos na sopa de letras.

 Recoñeceron a variedade de contidos e información que aprenderon e dun xeito tan divertido. Todo un éxito! 

     

16/12/21

Lectores de 6º de EP cos seus pesadelos e entrenándose para...frikis?

O venres día 3 de decembro celebramos unha Reunión do Club de Lectura de 6° EP onde analizamos polo miúdo o libro O meu pesadelo favorito de María Solar e Escuela de Frikis de Gitty Daneshvari. En xeral gustou máis O meu pesadelo favorito _ , mentras que _Escuela de Frikis contou con alumnos que lles encantou mentras que a outros non lles gustou nada. Estes dous libros déronnos pé para falar dos medos das persoaxes e tamén dos propios e de que técnicas se poden utilizar para superalos. Ademais analizamos os distintos escenarios físicos nun caso e oníricos no outro. Finalizamos falando dos sonos e cada un deu a súa interpretación de para que lle pode servir ao ser humano soñar, algo que todavía os neurocientíficos están estudando. Sabemos para que serve durmir… pero para que serve soñar?

"Los pazos de Ulloa" e "A afogada" a comentar polo grupo de adultos.

Extraordinaria xuntanza tivemos tanto polas ansias de reencontrarnos nun espazo tan cheo de vidas como por destripar as obras que nos convocaban. Nada hai que aclarar da obra maestra "Los pazos de Ulloa" agás que aquelas denuncias de doutrora seguen vixentes e sen resolver: diferencias sociais, incultura, maltrato humano,abusos de poder e anulación da MULLER polo feito de selo, e o poder-dominio do clero. 

Resultou moi gratificante lelo agora coa mentalidade de adult@s, sacándolle bastante máis partito que cando era "obrigada lectura". De "A afogada", coincidimos na reflexión: de qué é capaz a mente humana! Todo un suspense!

Lectores de 4º de ESO debaten co autor de "O conserxe"


O 30 de outubro os alumnos de 4º de ESO agradecen a presenza de José luís Vázquez Somoza , autor do libro, que tivo a deferencia de acompañarnos nesta reunión. 

Feitas as presentacións dos asistentes, para romper a conversa é o mesmo autor quen nos explica a intención e proceso de escritura desta novela xuvenil. Incide varias veces que ainda que tiña en mente o argumento, os actos foron xurdindo segundo ía avanzando na escritura, e uns acontecementos tiraban de outros. 

Resaltamos o interés na lectura por sentirse identificados coas persoaxes , lugares , vivencias... O que non esperaban era ese final tan tráxico e amosaron inquedanzas sobre se foi correcto o comportamento do investigador e directora tapando a verdade. 

A nivel lingüístico resultoulles asequible a pesar de algúns vocablos propios da zona que eles non empregan habitualmente. 

Todos esperamos a segunda parte porque a vida segue para os implicados.