No recreo de hoxe mércores o grupo de alumnado de ESO comentamos a última obra que lemos dentro das actividades do Club de Lectura deste curso escolar, As flores radiactivas de Agustín Fernández Paz. Gustounos porque é unha novela de acción e sobre unha temática de actualidade. Intentamos buscarlle outros finais alternativos pero finalmente preferimos o que tiña a obra. O que si pareceunos un tanto improbable o final, por moita radiación que poida haber non parece probable que teña o efecto de modificar o comportamento da xente, e menos para mellor.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjEeb_pot_HqVbgSZCFo2d7mLYO9IKAPFB3cq3dsqI_6ajQCC4oRfP4C6VjCqfRc5bZsSx9I_xCV4zywaxbeSbxRdRXebec956eqXBlwHAt1czBpAqWFLxJj4KyCbZdnIYwSCMR3-su1Xw0/s200/mafalda1.jpg)
Finalmente acordamos que a próxima obra que leremos sexan os comics de
Mafalda. Imos ler os libriños pequenos pero cada un lerá un número diferente e irémolos intercambiando de aquí á data do exame.
Os que non puidestes vir á reunión, animádevos a ler a obra de Quino, Mafalda, e quedamos na próxima reunión que aínda está por fixar pero probablemente sexa a finais de febreiro.