23/7/20

Actualización, resumo e propostas de lecturas de verán 2020

Actualizamos o noso blog reseñando actividades realizadas (minguadas polo "confinamento") e proposta de lecturas para o verán 2020 escollidas polos membros activos deste Club de Lectura.

 Propostas de lecturas do grupo de lectores de 5º e 6º de EP:
  •  La guerra de 6º A de Sara Cano. 
  •  Detrás de todo lo que ningún influencer cuenta de Mónica Morán. 
  •  Cianuro espumoso de Agatha Christie. 
  •  Diario de una múser de Mónica Morán. 
  •  Futbolísimos 17: El misterio de las botas mágicas de Roberto Santiago.
  •  Percy Jackson: el mar de los monstruos de Rick Riordan. 
  •  El Diario de Greg 8: Mala Suerte de Jeff Kinney. 
  •  Wítch: Sé quien eres de Yolanda Chaves Sanz. 


Propostas de lecturas do grupo de adultos:
  • "El infinito en un junco" de Irene Vallejo. 
  • “Terra alta” de Javier Cercas. 
  • “La memoria de los árboles” de Concepción Sanfiz. 
  • “Los asquerosos” de Santiago Lorenzo. 
  • “As estacións do lobo”de María Reimóndez. 
  • “Fontán” de Marcos Calveiro. 
  • ”Carne de Leviatán” de Chus Pato. 
  • “O xardineiro dos ingleses” de Marcos Calveiro. 
  • “Malaherba” de Manuel Jabois. 
  • “Mujeres que no perdonan” de Camila Läckberg. 
  • “Salvar el fuego” de Guillermo Arriaga.


 Funcionaron neste curso catro grupos diferenciados con reunións periódicas cada mes, ou seis semanas.: 
- Alumnado de 5º e 6º de EP, con 18 membros (Grupo I) 
- Alumnado de 1º ciclo de ESO, con 28 membros (Grupo II)
- Alumnado de 2º ciclo de ESO, con 8 membros (Grupo III) 
- Adultos, formado por profesores en activo de EP e de ESO, exprofesores do centro e persoal non docente con 12 membros (Grupo IV). 

 Calendario de reunións, horarios e lecturas. Na 1ª sesión entrégaselles a todos os participantes un carnet no que se irán selando todas as asistencias para motivalos e ser merecedores do premio-viaxe cultural. No Club de lectura de 5º e 6º de EP, compartiron durante este curso o desfrute do alumnado pola lectura cunha serie de libros que consideraron do seu interese, contrastando opinións sobre os mesmos e respectando os gustos dos demáis. 
O clubs reuníronse físicamente por curso tres veces e unha de maneira virtual entre os dous cursos a través da plataforma de videochamadas Cisco Webex. Leron os libros: “Ojo de nube”, de Ricardo Gómez, “As flores radiactivas” de Agustín Fernández Paz con valoración desigual e “Matilda” de Roald Dalh que obtivo unánimemente unha valoración positiva. Nas reunión compartíronse ideas sobre os protagonistas, aspesctos do libro e das personaxes do libro que recomendarían como amigo ou se cambiarían o final. 
O grupo de 1º e 2º de ESO, tiveron as reunións na biblioteca e aula propia: os títulos en inglés aproveitamos algunha clase coa Auxiliar de conversa destinada no centro para comentar “Green Planet”(2º) e “The Secret of White Mountain”(1º) En contra do programado, e por razón de ritmo de lectura, as reunións fixéronse por curso, e debido a situación sanitaria, a última reunión non se deu celebrado porque os intentos de videoconferencias non serveron, e quedan cos libros para empezar o próximo curso. Con 1º, traballamos co libro “Historia de una ballena blanca” de Luís Sepúlveda e fixémoslles saber do triste final do autor... O libro encandilounos tanto que pediron outros títulos do mesmo autor. 
Co grupo de 4º, e sen contar co tema de actualidade, leron con gran interés: “Os nenos da badiola”. Éxito total!
 O grupo de adultos foi moi exitoso tanto por asistencia total, os luns/martes na biblioteca do centro,e a final na terraza dun bar da zona , como polo interese das lecturas e o xeito de desmenuzar o seu contido, a escrita, a presentación, o autor… Obras lidas: "Latin lovers", "Vicus II", "Os nenos da badiola", "Todo canto fomos","Olvídate del cielo" e "El infinito en un junco" a valoración. Moi enriquecedoras estas reunións, e un medio perfecto de difusión da lectura entre os ambientes familiares.

 Todas comprometidas coa continuidade.