O alumnado de 1º de ESO, le os resumos e anotacións tomadas durante a lectura individual deste libro e compártenas. Os protagonistas están matriculados no mesmo curso ca eles, as exposicións son tan detalladas que só queda corroborar e puntualizar detalles do que as/os lectoras/es escribiron.
Un grupo de amigos/as, nunha tarde de aburrimento e á proposta do propietario da "bóla de cristal" que a súa avoa lle regalara polo seu aniversario, deciden sacarlle partido... pero entre eles xorden interrogantes: medo? Nervios? Marcha atrás? Indecisión? Todos tiñan dúbidas do poder da bóla máxica.
O que máis lles gustou foi compartir experiencias, resolver misterios, e contar noticias parecidas escoitadas por eles mesmos ou familiares pola radio. Aproveitamos a mención deste medio informativo para valorar e resaltar as cualidades que ten fronte a outros con imaxes ás veces impactantes e irreais.
Coinciden tamén na faceta divertida e con moralexa que lles fai reflexionar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario