O alumnado de 2º de ESO disfrutou coas aventuras dun grupo de estudantes que veraneaban en Ribadeo e tiveron a sorte de estar "acompañados " de Cuquita, a foca con final de vida tráxico.
Viven intensas aventuras na búsqueda dun tesouro, que un documento atopado na vella biblioteca da Torre dos Moreno, di que se esconde... A aventura, os amores de verán e o amor polos libros fraguan fortes lazos de amizade.
O que máis os enganchou foi a confesión dun dos protagonistas: escribiuse este libro por culpa de suspender o galego, e o mestre pedirlle un diario a entregar en setembro.
Sorprendéronse tamén ao citar Illa Pancha e coincidir que a coñeceron na viaxe de Club de lectura 2023, así como a praia de As Catedrais , A torre dos Moreno, prazas de Ribadeo... e lugares emblemáticos da costa lucense.
No hay comentarios:
Publicar un comentario