29/9/26

Primeira reunión do Club de profesorado para falar de Punto de araña

Hoxe tocou reunión do club de lectura do profesorado para comentar o libro Punto de araña de Nerea Pallares. En conxunto foi un libro que gustou e coincidimos todos en que a parte final da novela sorprende moito e ten unha complexidade formal que non se espera no inicio da novela.

Falamos tamén da escolla de reflectir a lingua real de Camariñas en lugar de acomodarse ao galego normativo, algo que pode resultar sorprendente pero que lle dá á obra maior realismo. Comentouse tamén a dificultade de poder facer unha tradución que estea á altura da obra orixinal.

Tamén gustou ese saber enlazar os tecidos, as puntillas cos elementos clásicos de tecer e destecer, cos fíos da vida que as moitas gobernan e como o destino é algo que non depende enteiramente de nós.

No hay comentarios:

Publicar un comentario