Anque son 64 os alumn@s que participan activamente nas actividades-reunións deste Club de lectura, por distintas circunstancias, asistiron 60 membros acompañados por 5 profesores.
O programa previsto seguiuse íntegramente e de xeito moi entretido e satisfactorio; @s monitores repartíronnos en tres grupos para un maior aproveitamento.
- Obradoiro ler o patrimonio bibliográfico: con fondos bibliográficos e documentais da biblioteca do Museo Etnolóxico.
- Obradoiro ler o patrimonio moble: nas salas de exposición do Museo con pezas, obxectos, fotografías da colección do Museo Etnolóxico.
- Obradoiro ler o patrimonio inmoble: visita comentada polo castelo e zona histórica de Ribadavia.
Os alumn@s de 6º fixeron unha posta en común do visto e ademáis de vir encantados, manifestaron que o que máis lles impactou foi o obradoiro bibliográfico, os libros antigos, o sistema que tiñan de gardar e conservar os libros, os libros de texto diferenciados por sexos.
Tamén resaltaron o inmobiliario, historias sobre a Inquisición e a impronta dos xudeos en Ribadavia.
En xeral chamoulles a atención o do patrimonio mobiliario porque lles queda lonxe, tan diferente o que teñen e viven eles...
O grupo de maiores, centráronse máis no castelo indagando cada resto, e no propio pobo por ter conservado escudos, restos de casas e edificios tan señoriais.
Previamente visitamos o Museo do viño do que viñan sorprendidos do traballo tan duro que facían e dos aperos, barricas, materiais que empregaban. Moi educativo traspasalos a esas épocas para que cotexen e valoren .
O xantar na área recreativa tamén foi moi socializador, poder estar xuntos alumnos desde 5º de EP ata 4º de ESO, convivir, falar, xogar, bailar... COMPARTIR!
Só queda o agradecemento por ternos convidado a estes obradoiros, polo bo trato recibido e a profesionalidade d@s monitores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario