"Os Megatoxos e o reto de Internet" de Anxo Fariña, pon na man de catro estudantes de ESO e dous profesores especiais, o reto de pelexar cun monstruo líquido que revive inesperadamente.
Cada personaxe ten poderes diferentes despóis de entrar nun laboratorio e se pinchar cun toxo; poderes tales como invocar a forza de civilizacións extinguidas, de dar vida a obxectos inanimados... e que han de conxugar para recuperar a vida normal dos rapaces da súa idade.
Os lectores reflexionan e coinciden nos riscos que Internet sen "control", sen espurgo das propostas que nos tentan diariamente, poden perxudicarnos seriamente.
É un libro recomendable, con moita pelexa, fantasía e intriga ata dar co final ansiado.
"A coroa de Napoleón"de Jaureguizar, da man de Tintimán e o seu gato torto, Sr. Grozni, sitúanos na Coruña; de xeito divertido vai expondo certos contratempos que sofren os investigadores ata atopar a valiosa peza:a coroa de Napoleón, agasallo do goberno francés. Esta peza ten un valor histórico para a cidade, e a súa perda, provocaría un conflicto diplomático .
O mellor da novela é a parte histórica e presentación de diferentes lugares da cidade da Coruña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario