27/4/25
"Don Quijote de la Mancha" adaptación xuvenil, len os lectores de 1º e 2º de ESO, e comparten a súa lectura na Semana cultural.
Foi unha actividade enmarcada na semana cultural que serveu para dar a coñecer esta obra maxistral, e para superar o medo escénico a ler, falar e expresarse en público.
Foi unha costosa pero gratificante experiencia tanto para lectoras como para os ointes destes aventureiros personaxes.
"A infancia de Martiño Piñeiro" e " Asterix" entreteñen aos lectores de 6º de EP
3/4/25
"Amanda Black, unha herencia peligrosa" lido por lectores de 1º e 2º de ESO
Lectura con moi boa acollida por lectores de 1º e 2º de ESO. Destacan o fácil da lectura con vocabulario sen dificultade de comprensión, que é moi entretido , con intrigas continuas, e con ilustracións que delataban a trama a descubrir.
Aparecen temas moi de actualidade como o bullying, contraste entre pobreza e abundancia ou a tecnoloxía; en obxectos de uso cotiá como pendentes, calzado, vestimentas... teñen micros, sensores ou cámaras para conseguir retos.
É un libro moi recomendado pola rapidez de lectura e o misterio que fai ter en tensión ao lector.
Triplete fan os lectores adultos: "Son coma glaciares os barcos de aceiro", "O incendio" e "Los últimos"
O desmantelamento dos asteleiros e a repercusión nas familias dos obreiros, visto polos ollos dun neno que só podía "vivir" pero non compartir os seus sentimentos, sensibiliza a calquer lector.
O papel da nai e da avoa desde o seu silencio ,dino todo daquela situación. As reflexións vertidas ao longo da novela son dignas de publicitarse (felicidade/tristeza- da casa hai que sair limpo-gardar recordo impoluto-hai que vivilo todo...).
2/4/25
Os alumnos de 5º de EP, fanse detectives lendo: "Sherlock Holmes - estudo en escarlata" e "Resuelve el misterio"
-"Sherlock Holmes-Estudo en escarlata" de A. Conan Doyle, foi moi ben valorado polos lectores. Todos coincidiron nas situacións de intriga , de investigacións arriscadas que postas en personaxes tan divertidos facían estar ansiosos ata a resolución das mesmas. En vez de resolver pistas directamente, investiga mediante peripecias dos protagonistas, facendo a lectura moi divertida.
Está moi ben contextualizado, personaxes, carruaxes, vestimenta, linguaxe...levánnos a épocas pasadas. É unha lectura moi recomendable.
-"Resuelve el misterio" de Lauren Magaziner , a pesar de empregar un vocabulario asequible e moito diálogo, costou a súa lectura. Presenta unha estructura pouco familiar, era lioso cambiar de páxinas para atopar as solucións e require moita concentración .
29/3/25
Alumnos de 3º de ESO, sorpréndense coa lectura de "Paf Xarope".
22/3/25
21 de marzo ,día da POESÍA, conmemorado polo alumnado de 1º ESO
Tratan sobre variados temas: viaxes, pobos, cidades, rutas fluviais, xeografía, natureza, ríos , vexetación, emocións, amor...
Por parellas foron levantándose para ler poemas escollidos ó chou, esmerándose na entoación e a correcta pronunciación de palabras que ben non coñecían, son de pouco uso ou de tradición oral.
Descubriron a importancia do xogo de palabras similares, do orden das mesmas en cada verso e das repeticións de palabras que forman estribillos como nas cancións, ou de sílabas repetidas para darlle sonoridade ao poema.
11/2/25
O grupo de adultos comparten lecturas en formato: poesía, narrativa e artigos periodísticos.
"Sonora" de Chus Pato, poeta galega que recibiu o premio nacional de poesía 2024.
Aproveitamos a sesión para ler e sentir varios poemas escollidos ó chou; seguidamente comentamos o noso parecer ante tan trascendental temática: a morte. Xoga co poder da palabra, expoñendo o valor da natureza, rememorando continuamente á mitoloxía e establecendo variadas conexións literarias.
"O libro das colunas" de Luisa Villalta, é unha escolma de relatos periodísticos que amosan profundas reflexións. Analiza a situación social, política e económica de diversas épocas que non distan demasiado das actuais. Destaca o seu compromiso coa lingua e culturas galegas.
"Sobre la tiranía", é unha exposición-denuncia das actuacións de determinados gobernantes acérrimos das súas ideoloxías que someten á poboación ata a súa anulación mental, social, laboral... Tamén expón modelos de resistencia de sociedades o longo da historia, e é de especial valor o decálogo de consellos que coinciden con´algúns títulos dos capítulos para non caer nuha tiranía do sistema que nos goberne.
"A noite das cebolas" de Rosa Aneiros, fai valorar o efímero valor do material ante a noticia dun inminente final por mor dun cancro. A protagonista fai repaso da súa vida desde a nenez, do éxito profesional , da familia e do fin existencial.
É unha tenra novela autobiográfica, con linguaxe clara, delicadas precisións nas descricións no relato do cultivo das cebolas, do mútuo trato protagonista-coidador, do seu sufrimento ... que fan emocionar ao lector.