25/6/24

"Ninguén contará a verdade" e "Cuando el viento sopla", lecturas finais do grupo de adultos.


Pedro Feijoo coa súa novela "Ninguén contará a verdade", fíxonos revivir o detestable  comportamento da clase política en xeral. Neste caso sitúase en Galicia e durante a pandemia , implicando a construtores, empresarios diversos, banqueiros, directivos de medios de comunicación...lucrándose ilícitamente coa complicidade de membros da Administración pública.

A historia preséntase con demasiados detalles, sobrándolle situacións repetidas, e coincidimos na tardanza da actuación da investigadora-periodista para resolver o entramado.

A lectura é áxil e engancha co fin de descubrir implicados, culpables e posibles sancións.

"Cuando el viento sopla" de Raimond Briggs, novela gráfica que non por ser curta e de fácil lectura, nos deixa indiferentes. 

Ternura,amabilidade, complicidade e moito humor presentados nas conversas dunha parella de anciáns que viven nuha aldea remota inglesa.

A historia ten visos da realidade vivida ante a previsible guerra nuclear que se achega, e toda esa actividade xustifícase pola difusión de panfletos espallados polo goberno.




24/6/24

Alumnado de 6ºEP, analizaron "Unha cabana na lúa" e "Os Megatoxos e o aprendiz de druida"




 Do libro de Jaureguizar o que máis nos chamou a atención foi que a pesar de ser fantástico había episodios que recordaban a realidade como cando os protagonistas pelexan con uns matóns, como ao avó lle inflúen emocionalmente esas vivencias da guerra…
  Do libro dos Megatoxos encantáronnos os protagonistas e os seus poderes máxicos. Tamén resultaron interesantes as voltas ao pasado celta que non resultaron complicadas e si emocionantes.
 En definitiva dous libros moi interesantes nos que prima a fantasía e a amizade.



 


23/6/24

Lectores de 3º de ESO comparten co escritor, Xosé Luís Vázquez Somoza, a súa novela "O conserxe"







 Aí temos a Ana Arias presentando ao noso convidado, Xosé Luís Vázquez Somoza, autor da novela: O conserxe , coa que os lectores de 3º de ESO,  intrigáronse, unha vez máis.

Comenzou Xosé Luís, expondo o proceso e a intencionalidade da escritura da novela; con tan detallada explicación, case non houbo lugar a preguntas por parte do alumnado, agás se estaba baseada en feitos reais pola cercanía de moitos feitos.

 Pouco a pouco foise analizando os lugares , personaxes, actos e desenlace da obra.

O autor incidiu, mellor insistiu no seguinte: "se tedes habilidade para escribir, ou se simplemente che gusta escribir, poténciao, con o sen concursos, que sexa un pracer, escribir, e a poder ser, que sexa en galego.







"O principiño", "El principito" , valorados polos lectores de 1º de ESO.


Dado que na biblioteca hai exemplares abondo tanto en galego como en castelán, os lectores escolleron voluntariamente, mitade e mitade.  
 Todos coincidiron en que a historia está narrada en primeira persoa, con un piloto como protagonista, que vén dun planeta no que só caben unha flor e tres volcáns.

Destacan as aventuras que vive coas avarías do seu avión e a rixidez dos adultos que incluso non lle deixan ser artista, pintor , por parecerlles unha perda de tempo.

Foi un libro moi valorado pola súa fantasía , polas aventuras e por estar de acordo coa opinión respecto aos adultos.

Para rematar presentóuselle un "Principito" desplegable que os abraiou, cada páxina ilustra os feitos relatados, destapando elementos representativos do lido.

 


  



"All about USA" e "Cuando brillan las estrellas" comentados polos lectores de 2º de ESO.

"All About the USA"

Tendo en conta que a auxiliar de conversa deste curso era americana, aproveitamos para profundar na lectura deste libro con  axeitado nivel do idioma, que con diferentes capítulos nos foi adentrando na historia, distribución de condados, límites con outros países, literatura, costumes, folklore,ocio, comidas típicas, festas destacadas...

Cada alumno cubriu unha ficha con información elemental,  e aproveitando a presenza da auxiliar, foron contestando preguntas e expresando a súa opinión , debatindo a diferencia de costumes e ante todo aprendendo da cultura americana que tanto atrae aos alumnos.

 

Esta novela gráfica conmoveu as conciencias dos lectores.
O protagonista Omar e Hassán, seu irmán, viviron nun campo de refuxiados da ONU en Kenia. As necesidades básicas de comida e sanidade nunca estaban cubertas. 
A esperanza nunca a perden e cando saen de Somalia, Omar ten a oportunidade de ir á escola, e polo seu esforzo, consegue becas para ir á universidade a EEUU e consegue ser recoñecido internacionalmente.

Con esta historia basada en feitos reales, e exposta en cómic con viñetas e diálogos tan cuidados, aprenden das penurias na que viven outros nenos e que con esforzo e afán de superación , todo se consegue.





4/6/24

Obradoiro de escritura creativa dirixido por Eva Teixeiro e o seu libro "mapa.gal"


Hoxe asistimos a un extraordinario "Obradoiro de escritura creativa"dirixida por Eva Teixeiro, profesora de Educación Secundaria e escritora, autora do libro "mapa.gal" que empregou como modelo.

Dado o alto número de participantes, organizou dúas sesións con actividades diferenciadas.
 Para os 26 lectores de ESO, entregou exemplares con marcadores de diferentes cores, que según a consigna dada, deberían visionar, analizar formato, ilustracións, textos... e pasado un tempo, abriría turno de participación tanto formulando preguntas como lendo poemas escollidos por eles mesmos.

Os 27 lectores de EP, analizaron textos do libro, escollidos pola titora de 6º para que analizaran a presentación da escritura, temas tratados, debuxos...e darlles pé a expresar as dúbidas sobre este formato tan pouco coñecido. Foi tal a curiosidade que manifestaron que houbo que limitar as pregunta para que puideran disfrutar das lecturas escollidas.

          Preguntas sobre: tamaño/ formato/ portada sen letras/ sen autora, editorial/ letras maísculas                      perdidas /ilustracións/ idade de comenzo a escribir/ versos sen rima páxinas en branco...

Esta actividade foi un éxito, tanto pola presentación tan orixinal por parte da autora como polo interés e participación por parte dos lectores e profesores asistentes.