15/10/25

Contacontos en infantil e primaria


 

Primeira reunión do grupo de profesorado

 Este curso escolar o profesorado do centro participante no Club de lectura do CPI Plurilingüe Tino Grandío xuntouse para comentar dúas obras que quedaran pendentes desde o final do curso 2024/2025. As obras comentadas foron Detective Ferruchi de Marta Villar que foi Premio Xerais o ano pasado (editado por Xerais) e Oposión de Sara Mesa (publicado por Anagrama).

Ámbolos dous libros foron moi do gusto dos participantes.

Detective Ferruchi é unha obra que mantén a intriga ata o final, con personaxes absolutamente entrañables e Oposición é un libro que retrata dertos defectos que ben coñecemos os que traballamos para a Administración Pública.

Primeiros libros para as vindeiras sesións

 Os distintos grupos do noso Club de lectura están xa en funcionamento, lendo os libros que se comentarán nas próximas reunións. Agora mesmo son os seguintes:

  • Educación infantil: Chucho Cacho
  • 1º e 2º de educación primaria: A visita
  • 3º e 4º de educación primaria: O Can Rin e o lobo Crispín
  • 5º e 6º de educación primaria: Astérix o Galo e outros libros da serie Astérix e Obélix
  • 1º ESO: El asesinato del profesor de matemáticas
  • 2º ESO: Véndoche un poema
  • 3º e 4º de ESO: El diario de Anne Frank (comic)
  • Profesorado:
    • setembro: Sara MESA: Oposición e Marta VILLAR: Detective Ferruchi
    • outubro: Delphine de VIGAN: As gratitudes
    • novembro: Leonardo PADURA: Morir en la arena

Inicio das actividades 2025/2026

Acabamos de recibir os novos libros que temos para as nosas vindeiras sesións do Club de lectura. Están sendo fichados e proximamente serán postos a disposición dos membros do Club.