15/10/25

Primeira reunión do grupo de profesorado

 Este curso escolar o profesorado do centro participante no Club de lectura do CPI Plurilingüe Tino Grandío xuntouse para comentar dúas obras que quedaran pendentes desde o final do curso 2024/2025. As obras comentadas foron Detective Ferruchi de Marta Villar que foi Premio Xerais o ano pasado (editado por Xerais) e Oposión de Sara Mesa (publicado por Anagrama).

Ámbolos dous libros foron moi do gusto dos participantes.

Detective Ferruchi é unha obra que mantén a intriga ata o final, con personaxes absolutamente entrañables e Oposición é un libro que retrata dertos defectos que ben coñecemos os que traballamos para a Administración Pública.

No hay comentarios:

Publicar un comentario