O venres 19 de maio , Marisa Castro Cerceda, autora da novela: "A saga das curandeiras" tivo a deferencia de compartir co alumnado dos grupos de 2º, 3º,4º de ESO e adultos, a intencionalidade da súa primeira novela con referencias científicas.
Os lectores do grupo de 4º de ESO e de adultos, tiveron este mes esa novela como lectura, para os de 2º foi voluntaria , e anque non todo o alumnado a tiña rematada, fixéronlle tales preguntas que coas respostas recibidas, comprometéronse a acabar de lela para debatila na próxima xuntanza.
A sesión comenzou coa presentación da autora por parte de Ana Arias, representante destacada do grupo de lectores adultos; fixo un breve pero intenso resumo da vida profesional de Marisa Castro como docente universitaria e divulgadora científica (unha centena de traballos de investigación e máis de 25 libros sobre cogumelos, plantas e árbores).
A autora comenzou explicando que teceu esta novela porque necesitaba transmitir a información que ela ten sobre a vida persoal e o papel desas persoas tan importantes na sociedade rural durante boa parte do século XX. Como docente que foi, insiste en que se debe coñecer e difundir a vida dos nosos devanceiros, neste caso, as curandeiras que cubriron necesidades sanitarias.
Aclarou que con esta obra presentou unha aproximación ao uso das herbas e cogumelos tanto con fins curativos como máxicos, nese mundo críptico e infravalorado das meigas galegas.
A tertulia.-coloquio foi do máis gratificante para todos os asistentes e consideramos que é o mellor xeito de profundar tanto no tema como no papel dos protagonistas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario