"El rostro de la sombra" de Alfredo Gómez Cerdá coa súa linguaxe áxil , con diálogos verosímiles que lle dan dinamismo e profundidade aos personaxes, conseguiu que os dezaséis alumnos de 3ª e 4ª de ESO, foran quenes de rematar a súa lectura; contestaron axeitadamente a unha batería de vinte preguntas de resposta curta e logo comentamos distintas actuacións dos protagonistas.
Conclúen que o argumento é : o que ía ser unha aventura divertida, ir de "movida, tirar unhas pedras á M30, grabar e subir o video para que se faga viral, convértese nun pesadelo por implicar ás propias familias e o instituto, e intervención da policía.
A obra é un drama sobre a amizade, a xusticia , a pérdida...onde se desencadenan sentimentos contradictorios e consecuencias indeseadas.
É unha lectura moi recomendable porque os propios lectores se ven protagonistas e reflexionan nas consecuencias de actos impulsivos e pouco valoradas as súas consecuencias.
No hay comentarios:
Publicar un comentario