10/2/10

Xuntanza para o crime

A reunión de hoxe do club de lectura puxo de manifesto o poder de convicción dunha profe de matemáticas do centro, Bea, que impediu o seu propio asasinato polos voraces lectores de El asesinato del profesor de matemáticas.

Por certo, Bea propúxonos os presentes resolver a idade á que morreu Diofanto, que foi un home da antigüidade tan amante das matemáticas que elexiu este curioso -e problemático- epitafio: "Deus concedeulle ser neno a sexta parte da súa vida, unha duodécima parte posterior dela cubriu de barba a súa faciana; encendeu nel a antorcha do matrimonio tras unha sétima parte e, cinco anos despois, concedeulle un fillo. Un fillo de nacemento tardío que o destino lle arrincou cando alcanzou a metade da súa vida. Consolou a súa aflicción coa ciencia dos números durante os catro anos seguintes, despois dos cales a súa vida de extinguiu".
Cantos anos viviu este ilustre matemático? Pois nada, esperamos as vosas respostas

4/2/10

Datas de próximas xuntanzas

O grupo de iniciación (Querido hijo: estás despedido) reúnese para comentar o libro o xoves 11 de febreiro; o grupo avanzado (El asesinato del profesor de matemáticas) o mércores 10; e os adultos (El curioso incidente del perro a medianoche) despois do Antroido.
Onte tivemos a xuntanza presencial en inglés,na que
Ana Arias nos achegou algúns versos nesta lingua, nalgúns casos musicados; tamén fixemos unha breve incursión no xénero teatral, e algúns dos asistentes exerceron de David e Sarah. Toda unha aventura!

22/1/10

Mural creativo

Recordámosvos que podedes participar no mural creativo sobre a Paz que se elaborará ata o día 30 deste mes, contribuindo coa vosa creatividade.

17/12/09

Xuntanza sección adultos

Os lectores de máis idade deste centro tamén lemos De profundis e comentámolo nunha breve xuntanza nestes días de intensa actividade escolar. As próximas propostas de lectura son El curioso incidente del perro a medianoche, Ollos de auga e El corazón helado; podedes votar por eles na páxina web do centro estes días. Hai que decidir cal é o seguinte antes de Nadal.

3/12/09

Dúas novas

Esta fin de semana saiu en prensa unha nova relativa a Miguelanxo Prado. A ver se descubrides cal é!
Onte publicouse nun xornal local que o Castro de Viladonga, que aparece nunha das fotos da entrada anterior, foi declarado BIC. Que quere dicir iso? Como se chama o xornal que publicou isto? Cal é a foto deste castro?

26/11/09

Monográfico de Miguelanxo Prado

A biblioteca do centro foi testemuña onte da primeira xuntanza deste curso, na que se comentou De profundis. O grupo avanzado compartiu uns doces froitos do mar e as súas inquedanzas en relación con esta obra, con imaxes e texto de gran calidade.
Hoxe comentamos A mansión dos Pampín, do mesmo autor, unha lectura lixeira para os comenzan este ano. Un dos temas dos que falamos foi sobre a importancia do nos patrimonio histórico e cultural, en concreto dos castros, en relación co descubrimento que os Pampín fan na súa leira. Velaí fican unhas imaxes destas testemuñas silandeiras do noso pasado.

6/11/09

Novas incorporacións neste curso


Aquí estamos algúns dos membros deste club.

5/11/09

Primeiras lecturas



Os libros que imos ler este mes son: De profundis, de Miguelanxo Prado, o grupo A, e A mansión dos Pampín, do mesmo autor, o grupo B. Podedes pasar a recoller os exemplares na biblioteca cando queirades.


22/9/09

Nova xeira de lecturas

Xa estamos aquí de novo. Ídevos preparando!