A biblioteca do noso centro acadou o 2º premio nacional de bibliotecas escolares. O periódico El progreso fíxose eco desta nova. Así que vos deixo o seguinte vínculo para que curioseedes e poidades presumir de escola.
El progreso (20/01/2011)
21/1/11
19/1/11
Comentario de "La princesa de hielo"
Ademais, suxeriuse como próxima lectura "Maus" de Art Spiegelman.
20/12/10
Comentamos a primeira lectura: "Mi año"
12/12/10
O club en contra da violencia de xénero
O xoves 25 de novembro reunímonos os membros do club para ler o relato "Paciencia" de Paula Carballeira recollido no libro "Camiñan descalzas polas rochas" e publicado por Amnistía Internacional e Tris Tram. A través da lectura deste impresionante relato reflexionamos sobre as posibles causas desta grande lacra da nosa sociedade.
28/10/10
Primeira reunión do club no curso 2010-2011
Hoxe tivemos a primeira reunión do club de lectura! Nela comentamos a organización deste novo curso do club e fixemos entrega da primeira lectura. Neste caso, imos ler todos o mesmo. Pero, como somos tantos (que ben!), en posteriores lecturas faremos dous grupos: o grupo I (1º e 2º ESO) e o grupo II (3º e 4º ESO). Mirade que guap@s estabamos:
Etiquetas:
"Mi año",
curso 2010-2011,
reunión
24/10/10
Esperando impacientemente a primeira reunión deste ano!
O vindeiro xoves 28 de outubro celebraremos a primeira reunión do club neste curso 10/11 na que entregaremos as primeiras lecturas:

Os grupos I(1º e 2º ESO) e II(3º e 4º ESO) leran, esta vez en común, o cómic "Mi año" de Taniguchi. Dentro dun mes, aproximadamente, volveremonos reunir con María (a nosa orientadora) para que nos faga algún comentario sobre esta lectura xa que, como poderedes comprobar, versa sobre unha temática moi particular.
En canto ao grupo de adultos, a nosa primeira lectura será "La princesa de hielo" de Camilla Läckberg. Unha novela de misterio e suspense para comezar dunha maneira intrigante este curso.
En canto ao grupo de adultos, a nosa primeira lectura será "La princesa de hielo" de Camilla Läckberg. Unha novela de misterio e suspense para comezar dunha maneira intrigante este curso.
19/9/10
Váisenos a creadora do club.
Este ano temos que dicirlle adeus a Eva que, moi ao seu pesar, deixa o noso centro para iniciar unha nova andaina por outras terras.A min só se me ocurre unha palabra que dicirlle: GRAZAS. Grazas por ser como eres e grazas polo inmenso labor realizado durante os dous últimos anos. Estou segura de que ninguén podería nin poderá levar mellor o club de lectura ca ti. Iso si, non dubides que sempre formarás parte do noso club.
22/6/10
Ata o vindeiro curso, lectores!
10/6/10
O único que queda...
Os lectores más vellos deste club tivemos a nosa última xuntanza deste curso onte. Nela comentamos o magnífico libro de relatos O único que queda é o amor, de A. Fernández Paz. Non só combina perfectamente a unidade temática do conxunto coa diversidade argumental de cada historia, senon que emprega unha linguaxe doada de comprender, que facilita a lectura, ó tempo que fai constantes referencias a outras obras literarias contemporáneas, en moitos casos cítanse fragmentos poéticos, que sosteñen gran parte da trama.
Nós achegamos uns versos de J. A. Valente e unha bibliografía á reunión, aproveitando que varios relatos empregan textos deste escritor galego. Non deixedes de mergullarvos nalgún libro del se tedes a oportunidade.
Rematado o noso tempo de lecer en grupo, ben é certo que o único que queda é o amor... polos libros e por todos os máxicos universos recreados neles.
Aquí vos deixamos esta pequena gran biblioteca de recomendacións literarias que enche o corredor de secundaria de amor polos libros e polas súas historias; todos os títulos foron escollidos polo alumnado ou o profesorado deste centro escolar.

Fernández Paz,
J. A. Valente,
O único que queda é o amor
Suscribirse a:
Entradas (Atom)