9/4/22

Alumnos de 1º e 2º ESO tamén disfrutan lendo en inglés

 The Prince and the Pauper foi o libro escollido para este mes.

E atrevéronse a ler os bocadillos representativos de tan fermosa lectura.

Analizaron as diferencias sociais a través dos seus protagonistas que foron quenes de verse no papel do antagonista. Destacan as cualidades do Príncipe que ademáis de fermoso é boa persoa.










5/4/22

Os alumnos de 4º de ESO interésanse por USA

 Este mes seguimos coas lecturas en inglés e os alumnos de 4º de ESO, descobren o máis representativo deste país.

Coordinados por Ana Arias, a súa profesora de inglés, foron comentando o que máis lles chamou a atención e os datos que eles non coñecían antes de ler este libro.

Relacionan os datos novos cos xa coñecidos a través doutros medios, cine, televisión ...







11/3/22

Conflictos familiares que traspasan fronteiras vistos por alumnos de 1º de ESO

 @s alumn@s de 1º de ESO, leron  "El cuarto de las ratas"con tanta atención que  quedaron ansiosos por ter un final aberto. Tod@s   foron quenes de escribir e logo expór cadanseu final ben dispar. 

Ademáis relacionaron o tema do secuestro dun dos protagonistas coa invasión sobre Ucraína , manifestaron o sentir dese pobo e solidarizáronse con eles  copiando un texto do propio libro: " En el telediario estaban hablando de guerra, siempre la guerra en algún lugar del mundo.." e completando a bandeira con palabras de apoio e solidadiedade.

É  un título moi recomendable para estas idades porque pon de manifesto valores tan imprescindibles nesta sociedade de consumo como son o respecto ás persoas, verdade por encima de todo e solidaridade cos máis desfavorecidos.







10/3/22

Homenaxe a Rosalía de Castro

 Alumn@s de 1º de ESO , completamente involucrados neste Club de Lectura, quixeron homenaxear á nosa poetisa Rosalía de Castro , lendo, escollendo e recitando os seguintes poemas en Lingua castelá. 




23/2/22

Grupo de adultos lendo por triplicado: "Los ingratos"- "Azucre" - "Virtudes e misterios"

 O grupo de adultos reuníronse hoxe para comentar as lecturas escollidas na derradeira reunión.

"Los ingratos" foi moi valorada pola temática tratada, a vida das mestras de antaño, nas que moitos de nós temos recordos pola propia profesión. Destacamos a entrega e confianza mútua entre a protagonista e a coidadora dos fillos, beneficiándese mútuamente.

É unha novela de lectura áxil e recomendable.

Tanto en "Azucre" como en "Virtudes", tocan as penurias da emigración contadas pola propia vivencia dos protagonistas.

Azucre é demasiado rápida e deslabazados os acontecementos. Nótase pouca documentación.

 Virtudes é un relato fiel da dureza e atrancos soportados por unha avoa que emigra a Londres para sacar adiante á familia; o seu sufrimento vese compensado cos éxitos dos fillos e co poder económico que reparte cos netos. Como soe pasar, non lle dá tempo a disfrutar dos seus retiro. 

A linguaxe é sinxela e de fácil lectura.,convidando a buscar o remate axeitado.

Todos a valoramos positivamente e merecedora dos premios acadados.

Ana Arias aportou elementos típicos ingleses que a protagonista enviaba á familia periódicamente ou ben se citaba na novela: COLLINS INGLES, PG tips, Baked beans e Charlie and the Chocolate Factory, co que nos devolveu á propia lectura e vivencias de Virtudes.









17/2/22

Lendo ciencia: "Os nenos da varíola" e os lectores de 4º ESO

Coa profesora de ciencias para axudarrlles a lembrar cada detalle da lectura: "Os nenos da varíola", os alumnos de 4º de ESO, reuníronse na biblioteca.
 Empezaron opinando do tema tan actual e destacaron o éxito do proxecto a pesar das dificultades daquela época, tanto económicas, de infraestructuras como de loxística. 
 Salientouse tamén a valentía dos organizadores, en especial d@s responsables da misión por levar menores ao seu cargo. Reflexionaron tamén sobre a repercusión sanitaria que ese experimento tivo e ten na actualidade. Comparouse o uso desta vacina co das da pandemia que estamos a soportar.
 Foi valorada positivamente por relatar un feito real e ser contada con vocabulario e expresións de fácil asimilación.

16/2/22

Coñecendo mundo...

Os alumnos de 3º de ESO, exploran outro país e noutro idioma. Dado que Jean, a Auxiliar de conversa é americana, quixemos abundar na presentación que nos fixo do seu país e así ter máis preguntas para cotexar e/ou ampliar a súa información. Coordinad@s pola profesora de inglés,comentaron o que leron e aprenderon e incluso responderon por escrito a unha sinxela batería de preguntas. Algúns alumnos recoñeceron ter certa dificultade co novo vocabulario pero todos se sinten moi satisfeitos de telo intentado.

8/1/22

Lectores de 5º de EP len mediante cómic

Todos @s alumn@s de 5º de EP puideron ler, analizar viñetas, debuxos, coloridos,e formatos diferentes da presentación do contido do conto: "Mi año." Dado que había exemplares abondos, leron e analizaron cómodamente a obra, e na reunión do 20 de decembro compartiron as súas opinións:moi sinxelo de ler, moi atractiva a súa presentación, e moi interesante o tema tratado:ser solidarios cos nosos compañeiros e coas persoas que nos necesitan. Suxiren seguir lendo neste formato, en cómic.

7/1/22

"No pidas sardinas fuera de temporada" e os investigadores de 3º de ESO

Os alumnos e alumnas de 3º de ESO, reuníronse o 20 de decembro para comentar esta extraordinaria novela xuvenil; non quedou detalle sen mencionar, persoaxes, lugares das accións e os propios actos. Todos coinciden en que o importante é descubrir a verdade e que os delincuentes deben ser castigados. A obra ten intriga e ofrece a posibilidade de sentirse detectives ao tempo que actúan @s personaxes.