14/11/22

Fideliño o carteiro conta segredos aos alumnos de 6ª de EP

 Hoxe tivemos a reunión de lectores do Club de 6ª de EP.

Todos coincidimos na necesidade de que siga habendo carteiros nos pobos que nos traigan cartiñas con boas noticias, que nos calmen as ansiedades e que recuperemos esa comunicación cos nosos amigos e familiares.

Fideliño é o encargado de traer a felicidade a Moitomellor, e só lle pedimos que non descubra tantos segredos como reparte. 

Hai personaxes moi variadas pero todos buscan o mesmo: a felicidade que só se consegue entendéndose cos demáis.








31/10/22

Acreditación de Superlectores do Club de Lectura 2022-2023



 Aquí tedes alumnos de diferentes cursos que presumen de carnet de lectores deste Club de lectura Guntín e amosan as gañas que teñen de ler e levar seladas as asistencias a todas as reunións .

28/9/22

1ª xuntanza de grupo de adultos





 

Xa andabamos ansios@s de pór en común as lecturas personais de verán; eí vedes exemplares lidos e propomos para a próxima reunión que será en martes ou xoves de novembro: "Lo que la marea esconde" e "Beleza Vermella"

28/6/22

Memoria en marcha, adiantamos taboleiro do Recuncho de lectura e murais!

 







"A sombra cazadora" intrigou aos lectores de 3º de ESO

Case non nos atrevemos a publicar nada do comentado porque deixou moito misterio e de difícil investigación esta lectura. Demasiadas peripecias con final incerto... polo menos xuntámonos e despedimos o curso endulzándonos.




 

Lectores de 5º de EP, remataron curso coa "Historia da buguina"

Moito lles deu que pensar...pero o certo é que calquer suposición era ben válida!

E velaí o caderno de Club de lectura aproveitado para o seu fin, terase en conta..!



 



O grupo de adultos ...comentan e refrescan!





 
As lecturas enriquecen, as lecturas conmoven, rememoran, refrescan, transportan, culturizan, ensinan, viáxannos, alégrannos...pero ante todo: XÚNTANNOS!
Bo verán lector a Tod@s!

Os lectores de 6º, superándose, e lendo por triplicado!


 Non hai dúbida que gustan da lectura e non queren dar pistas de qué van estes libros...só nos din: a lelos!





"El Principito"- "O Principiño" e os lectores de 1º de ESO

 Con este mural-selección de mensaxes escollida de tan brillante lectura, sobran as palabras!