12/12/24

Lectores de 3º de ESO, reflexionan coas actitudes dos protagonistas de: "El rostro de la sombra"

A gamberrada duns adolescentes nunha noite de "movida", fai pensar, valorar actitudes e verse nesa situación, aos lectores desta novela tan ben valorada.

Todos coinciden no desenfreno de comportamento debido á borrachera, que leva á morte da nai da noiva dun deles. A presión da culpa, desata actitudes pouco humanas, incluso dos adultos.

O libro remata con suspense, con final aberto, e cada lector, plantexa un final distinto; todos coinciden en que os culpables deben pagar polo sucedido , apuntando reclusión, soedade, enemistades, depresións... e incluso suicidios.





 

3/12/24

Alumnado de 5º de EP, len por duplicado: "El cuarto de las ratas" e "O país da choiva"

O grupo de lectores de 5º de EP, coordinado pola súa Titora, Isabel Serén, leron, completaron unha detallada ficha , e hoxe comentaron nunha soa reunión, dous interesantes libros.

O mellor desta experiencia foi cotexar o dominio das dúas linguas , tanto na comprensión lectora como na expresión oral; recoñecido o desnivel , comprométense a ler, e empregar o galego e o castelán por igual porque as dúas linguas son oficiais na nosa Comunidade.

"El cuarto de las ratas", obtén moi boa puntuación porque ten acción, intriga, suspense ... e un final feliz. Os lectores vense identificados coa protagonista querendo axudarlle a resolver o secuestro de Jacobo e descubrindo o comportamento dos pais.

"O país da choiva", é menos valorado pola linguaxe empregada e vocabulario pouco usado, o que lles  fai perder interés por atopar a mensaxe que durante a reunión descubren entre todos: querer e empregar a nosa lingua, o galego, o máximo posible porque é o noso patrimonio cultural. 






 

21/11/24

"MEA CULPA", Toño Núñez e Lectores do grupo de Adultos


 Toño Núñez revive a seu paso por este centro educativo como mestre de EI, e reitera o agradecemento  por telo convidado como autor do libro escollido para esta sesión.

Ana Arias fai unha completa presentación da súa labor cultural e sempre en defensa do galego. El mesmo amósase convencido do incremento de galegofalantes polo compromiso que a xuventude está tendo hacia a nosa lingua.

En canto a "Mea culpa", coincidimos na facilidade da súa lectura tanto pola extensión dos relatos como  polos temas tratados , tan de actualidade: diferencia de clases, os amores primeiros, a soedade, a morte, a autoritarismo, o machismo...

Anque se presenta maiormente autobiográfico, relata acontecementos ben coñecidos por todas , e cremos que se deben publicitar para que non se esquezan, é a nosa historia..!




Toño Núñez, escolle relatos do seu libro "MEA CULPA" para comentar cos Lectores de 3º e 4º de ESO



 

Toño Núñez, valora determinados relatos deste libro para ser comentados polos Lectores de 3º de ESO, e tres alumnas de 4º que amosaron especial interés por coñecer a súa literatura.

Recoñecen que lles queda lonxe o devir dos acontecementos expostos polas formas, pero están interesados por coñecer o que e como o viviron os seus pais/nais, avós/avoas... Tamén están intrigados por coñecer ata que punto son autobiográficos os acontecementos descritos.

Valoran positivamente a forma de presentalos, e os temas tratados, actuais e propios da súa idade.






20/11/24

"A GOTIÑA VIAXEIRA" escenificada polo seu autor Toño Núñez e a música de Luís Iglesias




Hoxe , aproveitando a visita de Toño Núñez para debatir sobre o libro "Mea culpa" co grupo de Lectores adultos e de 3º de ESO, convidámolo a recordar a súa estadía como mestre de EI neste centro.
Gustosamente decidiu presentarnos, e escenificar o seu exitoso libro para pequenos lectores: " A gotiña viaxeira". Participou o alumnado de 6 de EI e o de 1º e 2º de EP.
Como podedes comprobar no video, foi todo un éxito.
Toño preparou pareados moi graciosos para agradecer ao profesorado, e en especial ao Club de Lectura, o convite e presentar a cada un dos asistentes.
 Acompañouno coa súa guitarra, Luís, mestre de música, que nos fixeron cantar, bailar e volvernos gotiñas nos distintos estados. Aprendemos sobre o valor da auga e o seu aproveitamento.

 




17/11/24

Lectores de 6º de EP, len, resumen e debaten sobre "O meu pesadelo favorito"

                                    

          Comenzaron os alumnos de 6º de EP, as lecturas, resumindo, tomando notas e expoñendo as súas opinións sobre "O meu pesadelo favorito"da escritora  e periodista galega , María Solar.

Como mostra do interese pola lectura, eí vedes a reprodución da portada do traballo sobre este libro. No resumo reflicten os temas que os engancharon: nenos orfos de nais, veterinario que receita a neno enfermo, soños fantásticos por mór da febre, biólogo que fai experimentos raros cas árbores  e cos animais , de xeito que nacen un dinorrinco e un hipodrilo. O máis relevante é cando chegan á sección de bicos que nunca se deran, e conseguen a tranquilidade dos protagonistas.
Estes lectores recomendan este libro  aos amantes das historias  fantásticas.
 







22/10/24

O grupo de adultos intercambia opinións dos seus compromisos lectores.


 Catorce membros deste grupo de adultos, reunímonos onte para dar conta dos "deberes" propostos na derradeira sesión do curso pasado, e consensuados na reunión-saúdo de comenzo de curso.

- "El niño" de Fernando Aramburu, tivo unha boa acollida tanto por ser un crudo tema real, como pola ternura dos protagonistas, e a linguaxe familiar empregada. O avó amosa un papel extremadamente sensible,que ensalza o amor, e denuncia o vacío dos maiores e a soidade.

Desbótase a insistente exposición do autor anticipando as posibles críticas.

- " El descontento" de Beatriz Serrano, foi unha boa elección que nos fixo reflexionar sobre as convencións sociais tirando de ironía continuamente. O rol de moitos traballadores que "traballan para non traballar" é constante .

A protagonista expón a necesidade de "extras" para estar activa laboralmente, ó tempo que critica a incultura e insensibilidade da sociedade.

- "Las hijas de la criada" de Sonsoles Ónega,  calificouse de fantástico e unha historia deslabazada, a pesar de presentar o triste papel que soportaban as mulleres polo abuso xeral dos homes do poder. O mellor é a valentía das protagonistas pensando no ben dos fillos.





16/10/24

Lecturas programadas para a primeira reunión


 5ª de EP: El cuarto de las ratas / O país da choiva

6º de EP: O meu pesadelo favorito /  A infancia de Martiño Piñeiro

1º e 2º de ESO: El asesinato de la profesora de lengua / El asesinato de la profesora de matemáticas

3º de ESO: El rostro de la sombra

Adultos: El descontento / El niño / Las hijas de la criada

14/10/24

Xa estamos activos e activas e convidámosvos a descubrir o pracer da lectura ..!

Desde finais de setembro comenzamos as reunións dos cinco grupos que van a funcionar este curso.

Entregamos a tódolos alumnos de 5ºe 6º de EP, e aos de 1º, 2º, 3º, e 4º de ESO un tríptico informativo dos obxectivos, actividades, horarios... e compromiso co proxecto do Club de Lectura.

Os membros dos distintos grupos, presentáronse e expuxeron por escrito os temas/ títulos da súa preferencia, que se contemplará na medida do posible.

O grupo de adultos tamén nos reunimos para fixar  datas de reunións e os títulos a comentar, dentro dos propostos na última xuntanza do curso pasado.