2/6/25

"Teño un volcán dentro" e "Don Quijote de la Mancha" fan reflexionar aos lectores de 1º e 2º de ESO.


 "Teño un volcán dentro" de María Canosa, foi lido, completada ficha e comentado na reunión, dándolle unha inmellorable puntuación. Todos coinciden na intriga que supuña a lectura de cada páxina, e as leccións que aprenderon tanto do protagonista, neno diferente, como da súa irmá que era quen mellor o entendía, e incluso da familia , a pesar do esforzo que facían por axudalo a medrar felizmente.

É de lectura asequible e presentación por capítulos moi motivadores. Recoméndano como lectura obligatoria para entender a posibles compañeiros/as que teñan ese síndrome.

"Don Quijote de la Mancha, versión juvenil, é unha adaptación que valoraron positivamente, e lles introduxo no mundo das aventuras deste fidalgo tan universal.

Destacaron a seriedade de Sancho dando consellos sensatos a Don Quijote, contrapoñendo as situacións tan cómicas e absurdas, debido a súa visión distorsionada da realidade.

A pesr da linguaxe tan escollida e vocabulario específico da época e temática tratada, resultou unha lectura áxil, divertida , educativa e introductoria desta novela cumbre da literatura.

"El demonio de Maxwell", tan só a leron tres alumnas, pero é moi recomendable pola mezla de idiomas, introduce oracións en inglés.



1/6/25

"A negrura do mar" e "Contos máxicos", informan e entreteñen aos lectores de 6º de EP.

"A negrura do mar" de Ramón Caride, foi moi ben acollida e valorada por tódolos alumnos; completaron unha ficha expoñendo o argumento e opinión persoal, e todos coinciden no que descubriron dos perigos do mar, dos riscos medioambientais, das posibles investigacións e que está baseado nun feito real, ocurrido na Costa da Morte.

É un libro moi interesante polo que ensina da contaminación e que fai reflexionar sobre o noso comportamento de xeito que induce a pasar páxinas para seguir destapando información.

"Contos máxicos" tivo peor acollida polo fantasioso dos seus relatos , enrevesados e pouco creíbles: vender estrelas, meterse nun cero... 

A lectura é fácil e fuída pero sen  contido do seu interese.



28/5/25

Con "Mi año" e "Asesinato en el Canadian Expréss "os Lectores de 5º de EP, ilústranse este mes.

"Mi año" lectura ilustrada de Jiro Taniguchi e "Asesinato en Canadian Express" de Eric Wilson son lidas, analizadas mediante batería de preguntas individualmente, e comentadas en grupo no recuncho de lectura da biblioteca coa axuda da súa Titora.
Con  "Mi año"descobren unha conmovedora historia cuxa protagonista é diferente, unha nena con síndrome de Down. Valoran a sensibilidade , capacidade de adaptación e a aceptación de Capucine 
ao seu entorno e as súas limitacións, loitando incluso co desacougo dos pais por satisfacela.
Destacaron o formato cómic como facilitador da lectura provocando unha análise de formas e cores relacionándoas coa   temática de xeito divertido.

"Asesinato en el Canadian Expréss", lido en castellano pero comentado en galego, califícano de lectura extensa pero adictiva; a intriga de atopar o responsable do asesinato conduce a unha lectura rápida. Destacan o misterio tecido con varios sospeitosos, pero resaltan o traballo en equipo para obter un bo resultado.
Recomendan esta lectura tanto polo suspense  como pola linguaxe usada,  vocabulario e expresións fácilmente asimilables .


 
                                                                                 


27/5/25

"Mentira ", entretén, intriga, informa... a lectores de 3º de ESO.


 "Mentira", de Care Santos, novela receptora do Premio Edebé de Literatura Xuvenil, encandila aos lectores de 3º de ESO,valorándoa por unanimidade con sobresaliente.

A través da protagonista, Xenia, rapaza de excelente currículo que quere ser médica, expón os perigos de Internet; o reclamo é precisamente a pasión pola lectura. 

Nun foro comparte opinión sobre "El guardián entre el centeno"con Marcelo (Eric) do que termina enamorándose pero retrasa coñecerse persoalmente porque está no cárcere por un asunto ben escabroso. Despóis de longas indagacións descobre a súa identidade e o motivo da súa situación persoal.

Destacan os lectores a colaboración da estricta familia, entendendo o perigo corrido pola protagonista e  brindándolle toda a axuda necesaria ante os perigos das redes sociais e Internet en xeral polas falsas identidades.

A linguaxe é moi clara e a exposición de feitos tan fluida que facilita a lectura. Moi recomendable!




27/4/25

"Don Quijote de la Mancha" adaptación xuvenil, len os lectores de 1º e 2º de ESO, e comparten a súa lectura na Semana cultural.

O alumnado de 1º e 2º de ESO, leron esta versión adaptada do "Quixote", e escolleron os capítulos que máis lles chamaron a atención tanto para comentar na xuntanza como para ir a 5º e 6º de EP, e as tres lectoras de 2º decidiron ir a 3º de ESO, a ler para estes alumnos.
 Foi unha actividade enmarcada na semana cultural que serveu para dar a coñecer esta obra maxistral, e para superar o medo escénico a ler, falar e expresarse en público.
 Foi unha costosa pero gratificante experiencia tanto para lectoras como para os ointes destes aventureiros personaxes. 



 



"A infancia de Martiño Piñeiro" e " Asterix" entreteñen aos lectores de 6º de EP


"A infancia de Martiño Piñeiro"de Juan Arias relata as vivencias dun neno nun ambiente pouco familiar para os lectores de 6º de EP.
O protagonista é un home de moitos anos que relata as vivencias da súa nenez a da xente da súa familia e do seu entorno. Está ambientada nas zonas rurais e mariñeiras da Costa da Morte, e traspoñen aos lectores nese modo de vivir tan sacrificado pero tan san e tranquilo.
As narracións son tan reais  que fan recapacitar sobre os avances dos que disfrutamos acualmente e non valoramos axeitadamente.
"Asterix" foi a colección elexida como cómic para valorar textos, ilustracións,  imaxinación do autor plasmada en cada persoaxe, e pór en común o sentir da lectura de diversos títulos. Cada lector levou un título diferente e na reunión expuxeron o pouco interés por esta serie de aventuras. Remarcan a extravagancia dos protagonistas e cústalles entender as súas actuacións.




3/4/25

"Amanda Black, unha herencia peligrosa" lido por lectores de 1º e 2º de ESO


 Lectura con moi boa acollida por lectores de 1º e 2º de ESO. Destacan  o fácil da lectura con vocabulario sen dificultade de comprensión, que é moi entretido , con intrigas continuas, e con ilustracións que delataban a trama a descubrir.

Aparecen temas moi de actualidade como o bullying, contraste entre pobreza e abundancia ou a tecnoloxía; en obxectos de uso cotiá como pendentes, calzado, vestimentas... teñen micros, sensores ou cámaras para conseguir retos.

É un libro moi recomendado pola rapidez de lectura e o misterio que fai ter en tensión ao lector.




Triplete fan os lectores adultos: "Son coma glaciares os barcos de aceiro", "O incendio" e "Los últimos"


 "Son coma glaciares os barcos de aceiro" de Cynthia Menéndez, encandilou a tódalas lectoras e lector tanto pola temática como pola exposición dos feitos.

O desmantelamento dos asteleiros e a repercusión nas familias dos obreiros, visto polos ollos dun neno que só podía "vivir" pero non compartir os seus sentimentos, sensibiliza a calquer lector.

O papel da nai e da avoa desde o seu silencio ,dino todo daquela situación. As reflexións vertidas ao longo da novela son dignas de publicitarse (felicidade/tristeza- da casa hai que sair limpo-gardar recordo impoluto-hai que vivilo todo...).

A linguaxe tan coidada, e propia dos personaxes,a exposición dos feitos tan correlacionados e a ternura do narrador, permite unha lectura fluída, amena e instructiva.

"O incendio " de Sara Vila , relata a vida dunha nena que vive a súa adolescencia a cabalo da paz da aldea da avoa que a coida e da cidade na que estuda, ata que a avoa necesita ser coidada. 
Aparecen os traumas da soidade, das diferenzas sociais, do acoso, das necesidades educativas, do abandono rural e das perdas materiais e sentimentais.
É unha lectura fácil e con vocabulario ben adaptado ás situacións relatadas.

"Los últimos" de Paco Cerdá é unha crónica do despoblamento rural de determinadas zonas de España, que ben podía ser o reflexo de tódolos pobos.Non hai servizos porque non hai poboación, e non hai poboación porque non hai servizos.
Preséntase en capítulos según pobos, pero teñen a mesma estructura: datos reais, persoas que loitan pola supervivencia da poboación e conclusión da actualidade.
Está moi ben documentado, justificado e escrito.





2/4/25

Os alumnos de 5º de EP, fanse detectives lendo: "Sherlock Holmes - estudo en escarlata" e "Resuelve el misterio"

Coordinados pola súa titora, os alumnos de 5º de EP, leron, investigaron , cumplimentaron unha ficha cos datos máis relevantes de cada libro e fixeron un debate-opinión sobre os seguintes libros:

-"Sherlock Holmes-Estudo en escarlata" de A. Conan Doyle, foi moi ben valorado polos lectores. Todos coincidiron nas situacións de intriga , de investigacións arriscadas que postas en personaxes tan divertidos facían estar ansiosos ata a resolución das mesmas. En vez de resolver pistas directamente, investiga mediante peripecias dos protagonistas, facendo a lectura moi divertida.

Está moi ben contextualizado, personaxes, carruaxes, vestimenta, linguaxe...levánnos a épocas pasadas. É unha lectura moi recomendable.

-"Resuelve el misterio" de Lauren Magaziner , a pesar de empregar un vocabulario asequible e moito diálogo, costou a súa lectura. Presenta unha estructura pouco familiar,  era lioso cambiar de páxinas para atopar as solucións e require moita concentración .