22/9/09

Nova xeira de lecturas

Xa estamos aquí de novo. Ídevos preparando!

2/7/09

Un verán de libros

Hai, o verán!
Que espazo de tempo tan marabilloso para ler sen entretollos!
Seguro que xa tedes a vosa propia selección elaborada para esta tempada de lecer; de calquera xeito, a biblioteca do CPI Tino Grandío e o Club de Lectura Guntín elaboraron unha proposta de lecturas recomendadas para os máis pequenos, os mozos e os grandes. Podedes acceder a esta selección en http://lecturasveran09.blogspot.com/

22/6/09

Noraboa

Hoxe conocéronse os gañadores dos concursos para o lema e o logotipo deste club de lectura; o lema, que da pé a iniciar unha conversa sobre libros, creouno Aine Rodríguez Raposo, alumna de 1º de ESO, e o logotipo, Alejandro Vázquez Pérez, alumno de 2º de ESO e participante habitual da sección de lectura na casa. Dámoslles ós dous a noraboa polo seu traballo, esperando que disfruten moito dos seus agasallos, que, non podía ser doutro xeito, son libros.

12/6/09

Convocatoria xurado

Hoxe, ó longo do horario escolar elíxense o logo e o lema do club de lectura. Recordade tódolos membros e colaboradores tedes que votar! Pasade polo Departamento de Orientación, que é onde están expostos os traballos, antes da hora do xantar.

8/6/09

Data límite para o concurso de lema e logotipo

Recórdovos que hoxe remata o prazo para participar nos concursos de lema e de logotipo para este club de lectura. Entregádelles os vosos traballos ó profesorado correspondente.

O venres pasado, este club enviou unha representante á xuntanza de Santiago, e mesmo participamos na exposición con algúns materiais elaborados ó longo da nosa andaina, como podedes ver nesta imaxe.

28/5/09

AI! Que difícil é sobrevivir a final de curso cando unha profesora de Lengua e os rapaces do club de lectura len libros coma este! Eu, malia todo, resistín onte a xuntanza e penso que chegarei enteira a final de curso.

22/5/09

Próxima xuntanza

O mércores 27 comentarase a última obra de lectura deste curso: El asesinato de la profesora de lengua, de Jordi Sierra i Fabra.

15/5/09

Hoxe adicamos a sesión presencial á figura de José Ángel Valente. Lemos e desfrutamos do seu poema "El hombre pequeñito". Recomendámosvos que fagades o mesmo.

3/5/09

Así somos nós

Para que vexades o ben que o pasamos na visita a Padrón e Santiago, ahí vos van estas imaxes, identificádeas: os antroidos, os escusados e os mellores de cada casa