O vindeiro
xoves 28 de outubro celebraremos a primeira reunión do club neste curso 10/11 na que entregaremos as primeiras lecturas:


Os grupos I(1º e 2º ESO) e II(3º e 4º ESO) leran, esta vez en común, o cómic "Mi año" de Taniguchi. Dentro dun mes, aproximadamente, volveremonos reunir con María (a nosa orientadora) para que nos faga algún comentario sobre esta lectura xa que, como poderedes comprobar, versa sobre unha temática moi particular.
En canto ao grupo de adultos, a nosa primeira lectura será "La princesa de hielo" de Camilla Läckberg. Unha novela de misterio e suspense para comezar dunha maneira intrigante este curso.