Se queres ver o folleto de Nadal do Club de lectura, accede a el desde aquí.
15/12/11
Sesión sobre Memorias dun neno labrego

Onte mércores tivemos a nosa última sesión do Club de lectura de adultos, á que sentimos que non puidesen asistir varios dos membros habituais.
Comentamos a obra Memorias dun neno labrego de Xosé Neira Vilas, obra que nos gustou moito a todas as asistentes e na que puidemos ver o pouso da emigración no autor e mais como ese mundo reflectido na obra xa desapareceu do mundo rural do noso contorno. En cambio tamén vimos como outros aspectos, por exemplo o concepto da morte, todavía están moi presentes na nosa sociedade.
Agora que xa remata o ano, acordamos ir lendo a novela de María Dueñas, El tiempo entre costuras, con vistas á vindeira reunión, que terá lugar en xaneiro, á volta das vacacións de Nadal.
Etiquetas:
2011-2012,
adultos,
Memorias dun neno labrego
9/12/11
Sesión do Club de lectura en educación infantil 3 e 4 anos
O mércores 7 de decembro tivemos unha sesión moi especial do Club de Lectura. Estivemos na aula de educación infantil de 3 e 4 anos e lemos dous contos preciosos:- Chucho Cacho de Darío Xohán Cabana
- O Pingüín de Teresa Durán
Ademais tivémos a sorte de que nos visitaron os pingüíns do conto.
Ao final fixemos uns debuxos preciosos dos contos: dos pingüíns e do ourizo cacho.Axudounos moito Eva Fernández Castro que foi quen nos sacou estas preciosas fotos.
Etiquetas:
2011-2012,
Chucho Cacho,
infantil,
O pingüín
23/11/11
As flores radiactivas
![]() |
| Agustín Fernández Paz |
![]() |
| As flores radiactivas |
A próxima obra que leremos o alumnado da ESO como actividade do noso Club de Lectura será a obra de Augstín Fernández Paz, As flores radiactivas.
Esta novela ten moita acción e de seguro vos vai encantar. Se queres saber máis, preme neste enlace.
Etiquetas:
2011-2012,
As flores radiactivas,
Fernández Paz,
novela
9/11/11
Sesións Memorias dun neno labrego e O señor mago e a folla
4/11/11
Vindeiras reunións do noso club de lectura
Desde o Club de lectura Guntín, celebraremos dúas próximas reunións recentemente:
Xa nos veremos.
- Grupo de alumnado mércores 9 no recreo para comentar Memorias dun neno labrego.
- Grupo de profesorado xoves 10 para comentar O asasinato de Roger Ackroyd.
Xa nos veremos.
Etiquetas:
2011-2012,
Agatha Christie,
novela,
O asasinato de Roger Ackroyd
19/10/11
Primeira sesión do Club de lectura do curso 2011-2012
No día de hoxe tivemos a primeira sesión correspondente ás actividades do club de lectura 2011-2012. Lemos de forma presencial Así foi, doutor de Suso de Toro. Houbo unha importante asistencia á sesión e gustounos moito ó humor deste relato.
Etiquetas:
Así foi doutor,
día do libro,
Memorias dun neno labrego,
relato
28/9/11
Primeiros libros para este primeiro trimestre
O grupo de 1º e 2º de ESO ten proposto o libro de Neira Vilas, Memorias dun neno labrego, de 1951. Celebramos agora o seu 50 aniversario e é un libro moi entretido ao tempo que non deixa de ser unha obra clásica.
O grupo de 3º e 4º de ESO leremos como primeira lectura o libro de Agatha Christie O asasinato de Roger Ackroyd, a primeira obra realmente famosa desta famosísima autora de novela negra. Se non leste ningunha dela aínda é un bo libro para comezar. Se queres lelo online, pincha aquí para atopar o texto. Se prefires lelo en papel agarda uns días a que nos cheguen novos exemplares.O grupo de adultos tamén leremos esta primeira obra de Ágatha Christie.
Tamén temos un grupo de lectura presencial. Nese grupo leremos nesta primeira sesión o relato de Suso de Toro, Así foi, doutor.
E para aqueles do grupo de adultos que queiran ir adiantando traballo, recordámoslles que poden ir lendo a obra de María Dueñas, El tiempo entre costuras, que pola súa lonxitude deixaremos para a volta de Nadal.
Etiquetas:
2011-2012,
Agatha Christie,
Neira Vilas,
novela
20/9/11
Novo curso
Desde a Consellería de Educación queren animarnos a que leamos e inician unha campaña de promoción da lectura nos centros escolares. Así que... ánimo e a ler!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





