3/6/26

O club da calceta

Falando de clubs, no noso club de lectura de familias lemos para rematar o curso, O club da calceta de María Reimóndez, unha obra que nos gustou moito porque sentimos unha enorme identificación con varias das súas protagonistas.

Como membros dun club de lectura que moitas veces dá lugar a conversas interesantes partindo do pretexto do libro, puidemos entender que algo así pasase tamén no club de calceta.

Gustáronnos as protagonistas e gustounos o tema da calceta pois varias de nós tamén gustamos desta afección.

Dado que esta foi a última reunión deste curso, aproveitamos para realizala nunha cafetería local en lugar do noso centro escolar.

Tamén falamos da posibilidade de ampliar este grupiño coa cooperación municipal.

O principiño

 Nunha reunión diferente á de 2º de ESO (polo número de exemplares dispoñibles) puxémonos hoxe a comentar O principiño, falando do autor, da historia do libro, das traducións del con que contamos e, especialmente, coa edición troquelada que temos na biblioteca.

O libro resultou bastante complexo para as lectoras pero aínda así todas saímos da reunión entendendo moito mellor o noso principiño e os diferentes personaxes e planetas que vai atopando.

1/6/26

Amancio Amigo, o meigo de Salamanca

 Hoxe realizamos a última reunión do club de lectura deste curso no grupo de 5º de educación primaria. A nosa lectura foi Amancio Amigo, o meigo de Salamanca.

Chamoume a atención a detallada lectura que estes rapaces e rapazas de 5º de primaria realizaron deste libro que seguía as aventuras de Amancio Amigo, un protagonista que gustou tanto que xa estamos pensando en ler máis das súas aventuras o vindeiro curso.

No seu percorrido desde Galicia a Salamanca coñece todo tipo de personaxes e sucédense as aventuras máis tolas, así que Amancio ten que procurar saír airoso e veremos se acaba por atopar o amor.

27/5/26

I'm Obélix

Quedaba só o grupo de 3º de ESO por comentar I'm Obélix, a novela da que recentemente nos veu falar Raquel Fernández.

Analizamos os diferentes perfís arredor do caso de acoso escolar sufrido por Ismael e falamos de con cales nos identificamos máis. Unha novela que gustou moito este curso.

25/5/26

A avoa gángster





























Igual que se fixo en 1º de ESO e en 5º de primaria, o alumnado de 6º decidiu ler A avoa gángster, un libro que gustou moito en todos os niveis nos que se leu. É unha novela moi británica na que unha avoa cun perfil pouco atractivo loita por ter o favor do seu neto, mesmo se isto implica realizar accións que nunca pensou, só co propósito de que o seu neto a teña en mellor concepto.

Finalmente a novel acaba ben pero dunha forma que dificilmente podiamos pensar ao comezo.

14/5/26

La psicoloxía del dinero

 Aínda que non é unha opción moi popular no noso club, na xornada de hoxe estivemos comentando La psicología del dinero, a tradución ao castelán do famoso libro de Morgan Housel, un libro que se propuxo despois de que á coordinadora lle gustase moito o libro. 

Así a todo, moitos dos participantes coincidiron en que non lles acabou de encher o ollo esta obra porque está moi enfocado ao investimento dentro dun contexto moi estadounidense.



O principiño

 Hoxe xoves 14 de maio o alumnado de 2º de ESO reuniuse para falar do famoso libro do Principiño de Antoine de Saint-Exupéry.

Falamos do simbolismo do libro, de que detrás da súa simplicidade é un libro moi complexo e, en xeral, as alumnas participantes coincidiron en que lles pareceu bastante complexo.

Estivemos vendo varias edicións en diferentes linguas así como unha preciosa edición con pop-ups que temos na nosa biblioteca.

6/5/26

Lectura de La muy catastrófica visita al zoo

 

Esta obra foi a última lida no grupo de familias do noso club de lectura. Debemos dicir que foi unha obra que xa gustara moito ao alumnado de 6º de primaria que pedira especificamente ler esta obra.

Ás familias gustounos moito tamén pero a lectura foi moi diferente. Os temas que tratamos foron os seguintes:

  • o sentido do humor ao longo de toda a obra.
  • o feito de que o punto de vista sexa o dunha alumna presumiblemente pouco fiable.
  • o paradoxo de que a absurda hipótese inicial acabe por ser a acertada.
  • o alumnado con discapacidade que pode ser escolarizado en centros convencionales ou específicos. Nesta novela aparecen as dúas posibilidades.
Unha novela que nos pareceu moi interesante.

4/5/26

Páxina de M8porler

 Na reunión de coordinadores de Clubs de lectura de Galicia, que tivo lugar o pasado 29 de abril en Santiago de Compostela, membros da Fundación Xistral acudiron para explicar como funciona o portal M8porler, que conta cun espazo específico para Clubs de lectura. Dada a súa posible utilidade, os nosos clubs quedaron inscritos ás poucas horas e contamos poder comezar o vindeiro curso utilizando esta plataforma.