Foi, en xeral , unha lectura ben acollida a pesares de que para algunha de nós era o primeiro encontro coa banda deseñada dende que abandonamos a Mortadelo e Filemón. Todas concordamos no ben contada que está a historia e na forza que adquiren as palabras ao apoialas nos sinxelos e expresivos debuxos en branco e negro. Unha visión da historia dun pais en primeira persoa que nos amosa cousas descoñecidas para case todas sobre a cultura e historia iraní . Algúns dos feitos relatados, coma a revolución islámica ou o ataque de Irak a Irán, fíxonos recuperar lembranzas de como nós vivimos estes acontecementos. Grazas á visión tan humana de presentarnos a historia poidemos reflexionar sobre moitos aspectos socio-políticos do mundo islámico e occidental.
Case todas vimos ademáis o filme que si ben non conta todo o recollido no libro consegue relatar dun xeito bastante fiel a historia tendo ademáis un bó ritmo e unha animación moi ben conseguida.
E xa como o día escapaba e a xeada ameazaba demos por rematada a sesión non sen antes fixar dúas novas lecturas. Pero isto será algo do que vos falaremos noutra publicación...
A verdade é que foi un descubremento do xénero e dun punto de vista distinto do Irán das últimas décadas. Resultaron unha lectura e un filme moi recomendables... A por as seguintes que tamén prometen! :-)
ResponderEliminar