...ou para nos mais coñecido como Matar a un ruiseñor é o titulo que nos agarda para a seguinte xuntanza. Xa, sen querer, imos comentando polos corredores o moito que nos está a enganchar esta novela da que a maioría de nós sabíamos pola película protagonizada por Gregory Peck, asi que ÁNIMO FAMILIAS!!! vide recoller un exemplar á biblio do centro e unídevos ao grupo !!!! Xuntarémonos o vindeiro 1 de abril as 16.15. Ogallá sexamos moit@s!!!
Vale, son algo máis de 400 páxinas, uf! Pero... que 400 páxinas!!!! Lese dun tirón, é moi entretido e fácil de seguir. A autora soubo tratar temas moi polémicos sen danar a ninguén, pero tamén provoca no lector a necesidade de avaliar a sociedade e os seus valores -e non só a americana. Na miña opinión unha lectura moi aconsellable.
ResponderEliminar