Alumnos de 4º e 3º de ESO, cubriron unha ficha para refrescar datos da lectura do libro"Os nenos da varíola" e nela demostraron que aprenderon moita información da que non oiran falar, e na que nunca se lles ocurriría pensar, a pesar de ter pasado recentemente unha pandemia, e que se "controlou" grazas as vacinas descubertas para a ocasión.
Incidiron no método empregado, na eleción dos portadores, nas dificultades da longa viaxe , das pésimas condicións que ían soportar e da descoñecida vida que lles esperaba en América.
Outro tema descoñecido era a vida nos orfanatos e aproveitamos para reflexionar sobre os privilexios dos que desfrutamos en tódolos sentidos: familia, alimentación, educación, sanidade, e recursos varios.
Xurdíu tamén o recente recoñecemento da enfermeira a pesar de pasar tanto tempo e ter sido a máis implicada e perxudicada no traslado da vacina.
Por todo o debatido, a información exposta e porque ten unha linguaxe asequible e un formato en capítulos para ler en varias etapas, aconsellan a lectura deste libro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario