21/4/10
Feira do libro
Recordámosvos que mañá remata o prazo para facer doazóns para a II Feira do Libro, na que estarán á venda ademais de libros, revistas e materiais audiovisuais de segunda man, en bon estado de conservación. Lembrade que é a beneficio da excursión de fin de curso de 3º e 4º de ESO.
8/4/10
Próximas xuntanzas
As datas para as próximas reunións son as seguintes: para o grupo de lectura inicial, o xoves 15; o grupo de lectura avanzada, e o grupo de adultos, o mércores 14.
25/3/10
recoller novas lecturas
18/3/10
Onte tivemos unha sesión de lectura en francés, moi divertida; Marta levounos un libriño moi ameno coa historia de Olivia e unha tira cómica "d'un enfant terrible" da viñeta suiza, Titeuf.

Que dicir deste pequeno libro-álbum de Ian Falconer, onde a intensidade da infancia é reflectida en só tres cores básicas (vermello, blanco, negro), de maneira que as palabras fican como agachadas, sometidas á sinxeleza cromática e narrativa.
Por outra banda, como presentar a este rapaz inxenioso, estrela no ámbito do cómic francófono, auténtico fenómeno de masas contemporáneo!
O éxito das súas historietas débese ó tratamento descarado, fresco e orixinal de temas máis ou menos escabrosos, como o sexo e o escatolóxico, que o autor fai, sempre evitando o que poida resultar ofensivo. Zep somérxese na perspectiva infantil, insólita e pouco comprensible para o adulto que ten outras coordenadas mentais, e alí xorde o cerne do seu humor.

Que dicir deste pequeno libro-álbum de Ian Falconer, onde a intensidade da infancia é reflectida en só tres cores básicas (vermello, blanco, negro), de maneira que as palabras fican como agachadas, sometidas á sinxeleza cromática e narrativa.
Por outra banda, como presentar a este rapaz inxenioso, estrela no ámbito do cómic francófono, auténtico fenómeno de masas contemporáneo!
O éxito das súas historietas débese ó tratamento descarado, fresco e orixinal de temas máis ou menos escabrosos, como o sexo e o escatolóxico, que o autor fai, sempre evitando o que poida resultar ofensivo. Zep somérxese na perspectiva infantil, insólita e pouco comprensible para o adulto que ten outras coordenadas mentais, e alí xorde o cerne do seu humor.
15/3/10
Recordámosvos que estamos a elaborar un mural en memoria de Ana Frank, unha rapaza xudía que permaneceu escondida en Amsterdam, durante varios anos, coa súa familia na II Guerra Mundial, e escribiu un diario coa súa experiencia. Morreu no campo de concentración de Bergen-Belsen o 12 de marzo de 1945, uns días antes de que este campo fose liberado polos aliados.
Etiquetas:
Ana Frank,
diario,
II Guerra Mundial,
mural da paz
3/3/10
Curioso incidente
Os máis lonxevos deste club de lectura estivemos a falar hoxe da nosa última lectura en común: a obra de Haddon O curiososo incidente do can a medianoite.
Coma sempre, houbo opinións para todos os gustos, e máis no referente á profundidade e ó realismo na achega á problemática do protagonista. Sen embargo, todos valoramos o interese que ten a obra en relación con aspectos como a inclusión de materiais variados (ecuacións, planos, figuras icónicas...), a trama argumental que arrinca próxima o xénero detectivesco e despois deriva cara a complexa situación persoal e familiar do protagonista, sempre mantendo un ton lúdico e cheo de pingas humorísticas que se manifesta na curiosa perspectiva que ofrece o narrador de todo o que lle ocorre.
A colleita de textos de amor que se realizou o mes pasado, quedou exposta no mural "Vai de amor", como podedes ver nesta imaxe.
11/2/2010
Hoxe fixemos o comentario de Querido hijo: estás despedido.
11/2/2010
Hoxe fixemos o comentario de Querido hijo: estás despedido.
Etiquetas:
Curioso incidente,
Haddon,
Querido hijo,
Vai de amor
10/2/10
Xuntanza para o crime
A reunión de hoxe do club de lectura puxo de manifesto o poder de convicción dunha profe de matemáticas do centro, Bea, que impediu o seu propio asasinato polos voraces lectores de El asesinato del profesor de matemáticas.

Por certo, Bea propúxonos os presentes resolver a idade á que morreu Diofanto, que foi un home da antigüidade tan amante das matemáticas que elexiu este curioso -e problemático- epitafio: "Deus concedeulle ser neno a sexta parte da súa vida, unha duodécima parte posterior dela cubriu de barba a súa faciana; encendeu nel a antorcha do matrimonio tras unha sétima parte e, cinco anos despois, concedeulle un fillo. Un fillo de nacemento tardío que o destino lle arrincou cando alcanzou a metade da súa vida. Consolou a súa aflicción coa ciencia dos números durante os catro anos seguintes, despois dos cales a súa vida de extinguiu".
Cantos anos viviu este ilustre matemático? Pois nada, esperamos as vosas respostas

Por certo, Bea propúxonos os presentes resolver a idade á que morreu Diofanto, que foi un home da antigüidade tan amante das matemáticas que elexiu este curioso -e problemático- epitafio: "Deus concedeulle ser neno a sexta parte da súa vida, unha duodécima parte posterior dela cubriu de barba a súa faciana; encendeu nel a antorcha do matrimonio tras unha sétima parte e, cinco anos despois, concedeulle un fillo. Un fillo de nacemento tardío que o destino lle arrincou cando alcanzou a metade da súa vida. Consolou a súa aflicción coa ciencia dos números durante os catro anos seguintes, despois dos cales a súa vida de extinguiu".Cantos anos viviu este ilustre matemático? Pois nada, esperamos as vosas respostas
4/2/10
Datas de próximas xuntanzas
O grupo de iniciación (Querido hijo: estás despedido) reúnese para comentar o libro o xoves 11 de febreiro; o grupo avanzado (El asesinato del profesor de matemáticas) o mércores 10; e os adultos (El curioso incidente del perro a medianoche) despois do Antroido.
Onte tivemos a xuntanza presencial en inglés,na que
Ana Arias nos achegou algúns versos nesta lingua, nalgúns casos musicados; tamén fixemos unha breve incursión no xénero teatral, e algúns dos asistentes exerceron de David e Sarah. Toda unha aventura!
Onte tivemos a xuntanza presencial en inglés,na que
Etiquetas:
lecturas febreiro,
sesión en inglés
22/1/10
Mural creativo
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


