21/10/13

COMEZA A AVENTURA...

Con James Joyce comezaremos a andaina "cinéfilo-literaria" o grupo de adultos do club de lectura de Guntín.
Leremos o relato "Los muertos" ( The Dead) incluído na obra Dublineses (Dubliners, 1914).
Dito relato foi levado á gran pantalla polo director Jhon Huston en 1987.
Faremos a primeira xuntanza na semana do 11 ao 15 de novembro para intercambiar impresións sobre o que limos e o que vimos.
Se vos animades a ler o relato deixamos aquí dous enlaces onde o podedes atopar, un está en inglés e outro en castelán:

THE DEAD

LOS MUERTOS

Próximamente tamén teremos na biblioteca o filme para que o podades ver na casa.


11/10/13

CLUB DE LECTURA 2013-2014

Ola a todas e todos !!!
Aquí estamos un curso mais con ganas de ler e de compartir con vós as emocións que a lectura nos provoca.
Este ano adicaremos todas as nosas lecturas a obras que fosen levadas á gran pantalla. Coma todos os anos teremos o grupo de lectura do alumnado e o grupo de lectura de adultos no que poderá participar toda a comunidade educativa.
Como novidade para este curso  participarán no club o alumnado de 6º de primaria, BENVID@S!!!! Ímolo pasar de cine!!!!

4/6/13

Viaxe dos membros do Club

Na casa de Rosalía de Castro en Padrón
Coma en anos anteriores, os membros habituais do noso Club de lectura fixemos unha viaxe que neste caso foi a Padrón e a Santiago.
En Padrón, primeira visita do día, vimos a casa da poeta Rosalía de Castro. Alí tamén nos xuntamos cos membros do Club de Lectura do IES de Quiroga cos que fixemos a visita. Fóra da casa da Matanza fixemos diversas actividades por grupos nas que nos xuntamos os membros de ambos Clubs de lectura.

Xa con ganas de xantar, dirixímonos ao Comedor Universitario do Monte da Condesa, onde xantamos no restaurante de auto-servizo. A continuación e a pé, fomos desde o Campus Sur ata a Catedral de Santiago. Na Alameda sacámonos unha serie de fotos con Valle-Inclán e mais coas Marías.

Ao chegar á catedral demos unha volta vendo as diversas portas e prazas que a rodean: as Praterías, Azabachería, a Porta Santa e, como non, a Praza do Obradoiro.
Na catedral unhas guías dividíronnos en dous grupos que nos foron explicando como fora feita e os seus rasgos principais: as diferentes representacións do Apóstolo Santiago, a valor do monumento, a utilidade da tribuna arredor do edificio, etc. Seguidamente subimos ata as cubertas, explicáronnos como era a estrutura do edificio, vimos as vistas da cidade desde esa perspectiva e percorremos as distintas naves de que consta.
Finalmente, collemos o autobús e volvemos ata Guntín despois de parar brevemente nun centro comercial.


8/5/13

Reunión do Club de lectura: Mujercitas de Louisa May Alcott

O mércores tivemos unha reunión do grupo de lectura de textos longos no que comentamos a última obra que lemos, Mujercitas, de Louisa May Alcott. Esta novela gustou bastante a case todo o alumnado e nela puidemos ver moitos aspectos dos Estados Unidos no século XIX, na época da Guerra Civil.

Os personaxes son diferentes entre si e varias das asistentes comentaron que se identificaran con Jo, a través de quen vemos a narración do texto.

En conxunto foi unha novela que gustou bastante a todos os lectores que a remataron.

24/4/13

Reunión para ler "Comuñón" de Miguelanxo Murado

Hoxe reunímonos na biblioteca para comentar o relato de Miguelanxo Murado titulado "Comuñón". Este relato está incluído no seu libro Mércores de cinza. Lémolo na propia sesión e en xeral gustounos bastante aínda que a temática é triste e bastante profunda.

23/4/13

Feliz día do libro

Feliz día a todos os que gozades co pracer da lectura.

Feliz día e boas lecturas.

17/4/13

Próximos libros e reunións

Nas últimas reunións acordamos que os próximos libros a ler fosen:
grupo de adultos:

  • Thoreau: Desobediencia civil
  • Hessel: Indignaos

grupo de alumnado ESO:

  • Miguelanxo Murado: Comuñón
  • Louisa May Alcott: Mujercitas

Últimas reunións

A semana pasada o grupo de adultos reunímonos para comentar a obra de Ernest Hemingway, O vello e o mar, novela que nos gustou bastante a todos os asistentes.

Hoxe, en cambio reunímonos para comentar, no grupo de ESO, o libro de Fernando Savater, Ética para Amador. Aínda que non todos os asistentes remataran de ler o libro, a impresión xeral foi boa. Coincidimos en que é un tipo de obra moi diferente ao que é ler unha novela.