8/1/22
Lectores de 5º de EP len mediante cómic
7/1/22
"No pidas sardinas fuera de temporada" e os investigadores de 3º de ESO
18/12/21
Profesor de matemáticas e profesora de lengua en peligro..?
Alumnos de 1ª e 2ª de ESO, disfrutaron das lecturas: "El asesinato de la profesora de lengua " y "El asesinato del profesor de matemáticas" e hoxe ,16 de decembro,reunímonos para compartir esa experiencia.
Os títulos xa dicen moito, e todos eles confesaron que leron os 2 libros case dunha tirada: a trama tiraba da lectura, había intriga, suspense e ansiedade por descubrir cada pista para salvar aos profesores e conseguir aprobar a asignatura.
Denunciaron certa fantasía no tempo empregado para resolver os enigmas, sobre todo polas distancias que recorrían en tan pouco tempo, e sempre chegaban!
Resaltaron tamén o compañeirismo e empatía entre os protagonistas por un fin tan xusto como salvar a vida das persoas. Tamén valoraron positivamente a presión que lles impuxeron os profesoress como única motivación para implicarse na actividade académica.
Destacaron os novos trucos matemáticos, recursos literarios, xogo de palabras...e a serie de escritores que se ían citando.
Expostas e contrastadas as súas opinións, foron localizando os nomes de importantes escritores e señalándoos na sopa de letras.
Recoñeceron a variedade de contidos e información que aprenderon e dun xeito tan divertido. Todo un éxito!
16/12/21
Lectores de 6º de EP cos seus pesadelos e entrenándose para...frikis?
"Los pazos de Ulloa" e "A afogada" a comentar polo grupo de adultos.
Extraordinaria xuntanza tivemos tanto polas ansias de reencontrarnos nun espazo tan cheo de vidas como por destripar as obras que nos convocaban. Nada hai que aclarar da obra maestra "Los pazos de Ulloa" agás que aquelas denuncias de doutrora seguen vixentes e sen resolver: diferencias sociais, incultura, maltrato humano,abusos de poder e anulación da MULLER polo feito de selo, e o poder-dominio do clero.
Resultou moi gratificante lelo agora coa mentalidade de adult@s, sacándolle bastante máis partito que cando era "obrigada lectura". De "A afogada", coincidimos na reflexión: de qué é capaz a mente humana! Todo un suspense!
Lectores de 4º de ESO debaten co autor de "O conserxe"
O 30 de outubro os alumnos de 4º de ESO agradecen a presenza de José luís Vázquez Somoza , autor do libro, que tivo a deferencia de acompañarnos nesta reunión.
Feitas as presentacións dos asistentes, para romper a conversa é o mesmo autor quen nos explica a intención e proceso de escritura desta novela xuvenil. Incide varias veces que ainda que tiña en mente o argumento, os actos foron xurdindo segundo ía avanzando na escritura, e uns acontecementos tiraban de outros.
Resaltamos o interés na lectura por sentirse identificados coas persoaxes , lugares , vivencias... O que non esperaban era ese final tan tráxico e amosaron inquedanzas sobre se foi correcto o comportamento do investigador e directora tapando a verdade.
A nivel lingüístico resultoulles asequible a pesar de algúns vocablos propios da zona que eles non empregan habitualmente.
Todos esperamos a segunda parte porque a vida segue para os implicados.
28/11/21
"O Agasallo de Anya", lido, resumido, comentado e compartido polo alumnado de 5º de EP
O Agasallo de Anya
Todo o alumnado e titor de 5º de EP participou activamente na reunión celebrada o venres 26 na súa aula.
Destacaron os valores positivos das protagonistas: amizade, xenerosidade, consideración, esforzo, compromiso... que as levaron a organizar un festival solidario para compartir necesidades materiais e unir as familias.
Cada alumno leu individualmente o libro e foron tomando notas do que máis lles impactaba, e recurriron a elas para detallar cada sentimento vivido ao longo da lectura.
17/10/21
O grupo de lectores adultos conversan co autor de "O conserxe"
Os membros do grupo de adultos do club de lectura Guntín,empezan a súa actividade co privilexio de contar co autor da obra lida.
Xosé Luís Vázquez Somoza, fixo unha exposición inicial sobre a súa intención ao escribir "O conserxe"e foi aclarando cada pregunta xurdida nun distendido e animado coloquio.
A xuntanza destacouse por:
- Asistencia total dos lectores inscritos.
- Participación activa mediante preguntas e suxestións.
- Valoración-estudo dos personaxes, lugares citados, localización de cada acto, linguaxe empregada...e en especial o tema principal e subtemas de utilidade/repercusión no ámbito escolar.
5/10/21
En marcha o Club de Lectura Guntín 2021-2022!
Velaí as portadas dos libros cos que os lectores están disfrutando e serán comentados na 1ª xuntanza.
Presentamos o carnet de lector do curso 2021-2022 que xustificará a asistencia a cada reunión.
Os membros deste Club de Lectura están distribuidos en 4 grupos: Grupo I, alumnado de 5º e 6º de EP, Grupo II e Grupo III, con alumnado de ESO e Grupo IV, de adultos (profesores, ex-profesores e persoal non docente).
As lecturas son independientes dos grupos e propostas polos membros dos mesmos.
A finalidade deste Club de Lectura é:
- Fomentar o hábito lector.
- Favorecer o establecemento de relacións interpersoais de cordialidade e amizade.
- Favorecer o desenvolvemento da competencia lingüística e comprensión lectora.
- Educar o sentido crítico da información e reflexionar sobre os contidos das lecturas.
- Contribuir ó desenvolemento das competencias básicas,a educación en valores e a socialización do alumnado.
A ler e compartir!











