28/2/23

Alumn@s de 5º de EP desmenuzan "O agasallo de Anya"


Dirixidos pola súa Titora, Belén de la Fuente, estes alumn@s de 5º de EP, fan unha análise polo miúdo do libro “O agasallo de Anya” tratando aspectos como a familia, a solidaridade e a emigración. Tamén conversan sobre a situación de Ucrania a raíz da fuga radiactiva de Chernóbil e da súa situación actual.
Recomendan a lectura deste libro por tratar eses temas citados tan de actualidade no noso entorno.








 

"Cartas de inverno" intrigan ao alumnado de 2º de ESO



Agustín Fernández Paz coas "Cartas de inverno" engaiolou aos alumnos de 2º de ESO de xeito que ademáis  de disfrutar coa lectura, deu pe a un distendido e proveitoso debate. Cada quen deu a opinión do contido e das actitudes dos tres/ catro personaxes principais pero o remate sería ben distinto para cada lector. 
Destacaron os enigmas galegos: supersticións, pantasmas e desconfianzas da xente que non contan o que saben da casa encantada para axudar ao novo propietario.
Non entenden a mala comunicación entre os dous amigos que están pendentes das cartas e cuxo contido se coñece no desenlace da obra.
Recomendan a lectura deste libro tanto pola intriga , tensión e ansia por atopar o final como pola facilidade da súa lectura.


 

5/2/23

"SENLLEIRAS" e "LOS ENAMORAMIENTOS", convocan ao grupo de lectores Adultos


Con masiva asistencia á convocatoria, adentrámonos no mundo de "Senlleiras" para denunciar unha vez máis a penosa situación das mulleres que non poden ou non se atreven a manifestar a súa situación de sometemento, humillación e incluso sufrimento físico. Ninguén merece ese tratamento!
Destacamos a alusión do desprecio hacia o sexo feminino reflectido nun libro cuxo autor é un renomeado médico.
As redes sociais mal usadas, a sociedade corrupta, a soidade, a violencia machista...son quenes de anular as mentes máis prodixiosas que poidamos imaxinar.
Alana, a protagonista , refuxiábase nos libros  como  única compaña, nun ambiente onde case ninguén sabía ler!

"Los enamoramientos", obra destacada de Javier Marías que nos aporta unha prosa moi retórica, con vocabulario e expresións moi selectos, de xeito que recomendamos lela con tempo e con lápiz e papel á man porque máis que unha novela, amosa ser unha contínua reflexión do amor , do estado do enamoramento , da morte e da impunidade de moitos actos.  
 A trama fai que a lectura te enganche ata o final, deleitándonos así coa  beleza da linguaxe empregada.










26/1/23

- "A IDADE DE CRISTAL" e os lectores de 6º de EP


 
@s lectores de 6º de EP  quedaron sorprendidos da sensibilidade de Dani, protagonista deste libro. Destacan a valentía que mostra ao vivir en soidade pola morte do seu pai, e en illamento por mor do desprecio dos seus compañeiros nunha etapa tan dificil como é a pubertade por si mesma, incluso nas mellores condicións; é Sebastián , o seu gato, o seu único e mellor apoio nesta complicada situación, xa que amosa un comportamento máis que humano.
Aconsellan a lectura a a outros compañeiros de calquer idade.






 

26/12/22

@s lector@s do grupo de adultos comentan e programan lecturas.

O xoves 21 de decembro os membros deste Club de Lectura, reunímonos para comentar os libros que case tódol@s asistentes tiñamos lido: 
"A vida secreta de Úrsula Bas".
Coincidimos en que a autora, Arantcha Portabales, é quen de ternos intrigados ata o final .
A súa linguaxe e fácil de ler e entender, e anque enredan entre sí tódolos personaxes, a trama está tan ben entrelazada que debeces por atopar ó asasino.
Entrevese o dominio dos pudentes sobre os débiles, inconformismo, violencia de xénero e ante todo a implicación dos profesionais.
"Lo que la marea esconde"
Destacamos de Nieves Oruña o uso de linguaxe asequible a tódolos lectores , lectura fácil.
Os temas tratados son: intriga, poder, apariencia e prestixio social.
Valoramos a posibilidade de que fose unha historia "real", e interesante a ubicación da trama que é ben coñecida pola maioría de lector@s presentes (palacio da Magdalena e porto de Santander)
Son lecturas moi recomendables por ser fluidas e ben estructuradas, con intriga constante.
Para a próxima reunión temos 4 títulos escollidos, dos que comentaremos os 2 máis lidos:  "Quercus"- "La isla del árbol perdido"- Senlleiras e "Los enamoramientos".
 







20/12/22

"El señor del cero" e " Sidi, unha viaxe cara á vida" foron as últimas lecturas do alumnado de 2º de ESO


 O protagonista é Sidi , un rapaz espelido e soñador que desde un remoto lugar situado entre dous mundos,  emprende unha viaxe física e emocional que cambiará para sempre a súa vida e a de Raúl, o seu cariñoso pai acolledor.

Destacan o contraste dos 2 mundos tan diferentes e valoran a entrega do pai adoptivo.
Resaltan tamén o papel da investigación e os éxitos médicos dos países desenvolvidos.

"El señor del cero" foi unha lectura pouco valorada polos lectores por ser unha historia situada no século X e que coñecen pouco.
 A trama sitúase na Península Ibérica onde o Califato de Córdoba desfruta dun gran explendor cultural pero a convivencia entre  diferentes grupos sociais non  sempre é posible. José, un xove mozárabe que posee una sorprendente capacidad para o cálculo,  vese obrigado a abandoar a súa terra pola desconfianza que desperta a súa habilidade entre os seus ignorantes veciños.
Finalmente debe abandoar o seu traballo de traductor debido á persecución política e permisividade do clero, con todo, un abade axúdalle a fuxir coa súa namorada Emma.










8/12/22

Triplete para os alumnos de 5º de EP e a súa titora

 Os alumnos de 5º de EP, comandados pola súa titora, Belén de la Fuente, intercambiaron tres libros simultáneamente,  e onte 7 de decembro, xuntáronse para pór en común a súas opinións


Fixemos un análise polo miúdo dos libros:

- Ti non xogas (transmite valores de axuda aos compañeiros, de respeto, empatía…).

- Bruxa e familia que transmite a idea do respeto e coidado polos animais e da importancia da familia e dos vínculos especiais que existen.

- El club de los especiales que transmite a idea da importancia de respectar aos demais independentemente das súas capacidades (neste caso altas capacidades) e como resolven pola súa conta a situación  de emerxencia que se lle presenta (analizando como debían actuar eles si se dera o caso).









Alumnos de 3º e 4º de ESO "xogan" a detectives lendo O CONSERXE

 O mércores, 7 de decembro os alumnos de 3ª e 4º de ESO pertencentes a este Club, tiveron o privilexio de contar coa presenza de Xosé Luís Vázquez Somoza, autor da novela "O conserxe".

Xosé Luís comenzou agradecendo a súa convocatoria e o encantado que estaba por estar na "súa terra" e por poder compartir esta tertulia con alumnos por recordos ben recentes como profesor de Secundaria.

Analizaron polo miúdo cada personaxe, lugares de acción, linguaxe empregada e intencionalidade da novela.

Valoraron tamén a posibilidade de que eses feitos puideran ser reais, ou se produciran no seu instituto, e a repercusión que poderían ter no seu entorno social e familiar.

Confesaron que inda que os intrigou e andaban ansiosos por ler o desenlace, fíxoselles algo extensa.

Comprometéronse a reflexionar sobre todo o comentado e que escribirán a súa opinión particular, que podería dar pé a outro final distinto.