Presentamos unha escolma das actividades do 2º trimestre que se amosan nas fotos que se anexan: lectura, comentarios, análise das obras e d@s autores, opinión persoal e representación teatral lida.
Alumnos de 6º EP leron "A chamada da selva".Confesaron sentirse sorprendidos pola temática da obra, polo país onde se desenvolve a acción e en especial polo papel do marabilloso can Buck.
Case todos coinciden en cambiar o final por outro máis feliz.
Jack London é o autor e propoñen visionar a película e ler outros títulos seus.
O día 12 de abril fixemos unha reunión do club de lectura de 5° de EP onde analizamos os libros Billy Elliot e A idade de Cristal lidos durante o segundo trimestre. Os dous libros gustaron moito.
Do libro de Billy Elliot o alumnado foi quen de extraer moitos aprendizaxes:
- A importancia de loitar polos sonos ainda que parezan inalcanzables.
- A non existencia de profesións/ deportes de homes e de mulleres.
- A amistade que non entende de diferencias.
- A necesidade de sentir o apoio e a axuda para superar os contratempos.
E do libro a Idade de Cristal analizamos o por que do título e como as veces non nos comportamos adecuadamente e despois nos arrepentimos... Tamén resultou de interese percibir que o libro enganchou hacia a metade cando Sebastián desaparece.
As apreciacións dos rapaces e rapazas foron do máis interesante.
Os alumnos de 2º ESO leron e escenificaron "Los ladrones somos gente honrada" de Jardiel Poncela.
Leron individualmente a obra e comentárona na aula, como se mostraron entusiasmados e ansiosos por explicar cada detalle da trama, propuxemos escenificala léndoa.
A temática invita a ler e ler para descubrir o final.
Algúns deberon suplantar a identidade de varios persoaxes porque son moitos e de procedencia variada, ainda así foi unha extraordinaria representación.
Que mellor escenario que o parque de Guntín! As fotos falan por si mesmas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario