Alumnos de 6º de EP, disfrutaron da lectura de Ameaza na Antártida, de Ramón Caride e con ilustracións de Miguelanxo Prado.
Todos tiñan datos que aportar: intriga, riesgo, investigación, aventura, poder, desastre ecolóxico, resolución de problemas, compañeirismo...
É de salientar a similitude que atoparon co problema que estamos a sufrir, a contaminación, a pandemia... e que facil é destruir a vida tendo poder.
Recomendan unánimemente esta lectura tanto pola temática como pola exposición dos feitos; emprega un vocabulario axeitado ao seu nivel e que invita a ler ata atopar o desenlace.
Alumnos de 1ª e 2º de ESO, leron cómic, A mansión dos Pampín de Miguelanxo Prado.
Dada a estructura da obra literaria quixeron adentrarse nos segredos da casa e comentárona diante desa ficticia casiña.
Resultoulles moi facil de ler e moi entretido por ser en comic, os mesmos debuxos presentaban o contido.
A temática elles familiar por vivir moitos deles en pobos con casas abandoadas e que non coñecen aos seus donos.
O argumento engancha e consegue manter intrigados aos lectores ata o final.
Como moralexa destacaron: - non te fies de ninguén sen probas.
- non merques ou aceptes sen ver o producto.
- disfruta dos teus erros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario