29/4/22

"El lector de Julio Verne" - "La sociedad literaria de pastel de piel de patata de Guernsey"

 Os lectores do grupo de adultos puxéronse serios e leron unha das extraordinarias novelas de Almudena Grandes como homenaxe ao seu pasamento.

Gabamos a linguaxe exquisita e o mesmo tempo tan asequible, así como o tema, a sociedade da posguerra tan verazmente tratado. Fíxonos revivir os relatos escoitados por familiares, amigos...que tiveron a desgraza de vivilos en persoa.

"A sociedade literaria do pastel de pel de pataca de Guernsey",puidemos lelo en calquera das linguas, galego, castelán e inglés por ter exemplares dos mesmos. Foi unha novidade o sistema epistolar da presentación do relato pero tivo moi boa acollida tanto por recordarnos ese método de comunicación tan esquecido como pola facilidade de continuidade da lectura, son cartas con respostas pero cabe a súa lectura por independente. Salientamos tamén o toque humorístico.

O tema é ben de actualidade e reflicte o sufrimento das familias por separarse dos seres queridos, en especial os nenos cara a un futuro ben incerto en tempos de guerra.

Destacamos o poder da lectura para crear sociedade, como medio de comunicación, unión e de escape dun destino cruel ou a lo menos inseguro.

Anque se informou de que hai película, a maioría inclinámonos solo pola lectura.








No hay comentarios:

Publicar un comentario