Analizaron pormenorizadamente o cómic "Mi año" e e o libro "Maxia de Pedra". "Mi año" fixo aflorar de empatía coa protagonista xa que todos nalgún momento nos sentimos diferentes e tivemos que aprender a xestionar as emocións que ese feito conleva.
O libro "Maxia de Pedra" deunos pé a falar dos restos arqueolóxicos e a súa conservación e dos seres imaxinarios que a maioría creamos cando somos pequenos e como eses seres nos fixeron e nos fan compañía moitas veces.
Dous libros moi valorados tamén polas súas ilustracións, sobre todo no primeiro caso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario