Moito lles fixo pensar cada proba, adiviña, sopa de letras, acertixo, encrucillado... para ir contentando aos profesores e non ser asesinado ninguén, e o máis importante: aprobar as materias mediante xogos, empregando a imaxinación, xogando e aprendendo!
A maioría dos lectores confesan terse divertido e involucrado na resolución dos enigmas.
Coinciden tamén en que debe ser un libro lido por tódolos alumnos/as que teñan dificultades para aprobar as matemáticas e a lengua porque aprenderán moitos "trucos" ben útiles e fáciles de resolver.
Na reunión, foron expoñendo os trucos que máis lles gustaron, e con eles elaboramos un mural para convidar ao resto de compañeiros a solucionalos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario