25/6/21

Moito mérito completar curso lendo e compartindo!


 O grupo de lector@s adult@s, adiantamos a reunión-despedida de curso ao 10 de xuño.

Fixemos unha  exposición persoal da pegada que nos deixou cada libro proposto e contrastamos pareceres para incitar ou disuadir da súa lectura.

Este curso por mor da inseguridade de poder xuntarnos e destripar un libro por sesión, rotamos varios á vez e as análises foron máis xenéricas; sen embargo as reunións foron máis longas e de temas variados...moi fructíferas emocionalmente falando.

Os títulos foron: Aquitania de Eva García Sáenz.

                            Emocionarte de Carlos del Amor.

                            Mujeres que no perdonan de Camilla Läackberg.

                       El huerto de Emerson de Luis Landero.

                            Un señor elegante de Suso de Toro.

                             A dúbida de María Reimóndez.

 Cabe aclarar que Un señor elegante foi moi eloxiado e tratarémolo a fondo na próxima xuntanza cando todos os membros o teñan lido.

Ademáis puxémonos como deberes de verán: Simón, Flocos de millo, A vida incerta, Madialeva e Contra Amazon.

               





            


Queda pendente de ler o libro-agasallo por asistir á Xornada de Clubs de Lectura, co que compartimos título...



3/6/21

Xela Arias connosco

 O mes de maio adicámolo á nosa lingua, por iso o día 10 adiántámonos a súa conmemoración xuntándonos e deleitándonos coa lectura en vivo e en directo do poemario Darío Diario de Xela Arias.

Foi a primeira vez que disfrutamos da lectura en directo por ser breve e non ter recibido antes os exemplares, pero resultou moi interesante ir  lendo, analizando, opinando e compartindo o sentir de cada asistente sobre cada poema. Unha boa homenaxe á escritora!

Tamén fixemos mención a todas as súas obras xa que tiñamos varias á nosa disposición.

Comentamos o ritmo de lectura que levamos con varios títulos rodando e citámonos para rematar o curso  o día 8 de xuño que comentaremos: "Aquitania", "A dúbida", "Mujeres que no perdonan", "Emocionarte" e "El huerto de Emerson".





10/5/21

En maio tamén lemos, e en GALEGO!

 Alumnos de 6º de EP, disfrutaron da lectura de Ameaza na Antártida, de Ramón Caride e con ilustracións de Miguelanxo Prado.

Todos tiñan datos que aportar: intriga, riesgo, investigación, aventura, poder, desastre ecolóxico, resolución de problemas, compañeirismo...

É de salientar a similitude que atoparon co problema que estamos a sufrir, a contaminación, a pandemia... e que facil é destruir a vida tendo poder.

Recomendan unánimemente esta lectura tanto pola temática como pola exposición dos feitos; emprega un vocabulario axeitado ao seu nivel e que invita a ler ata atopar o desenlace.

 





 

Alumnos de 1ª e 2º de ESO, leron cómic, A mansión dos Pampín de Miguelanxo Prado.

Dada a estructura da obra literaria quixeron adentrarse nos segredos da casa e comentárona diante desa ficticia casiña.


Resultoulles moi facil de ler e moi entretido por ser en comic, os mesmos debuxos presentaban o contido.

A temática  elles familiar por vivir moitos deles en pobos con casas abandoadas e que non coñecen aos seus donos.

O argumento  engancha e consegue manter intrigados aos lectores ata o final.

Como moralexa destacaron: - non te fies de ninguén sen probas.

                                                 - non merques ou aceptes sen ver o producto.

                                                  - disfruta dos teus erros.

 






 

                                

16/4/21

Comprometid@s coa lectura.


 Presentamos unha escolma das actividades do 2º trimestre que se amosan nas fotos que se anexan: lectura, comentarios, análise das obras e d@s autores, opinión persoal e representación teatral lida.

Alumnos de 6º EP leron "A chamada da selva".Confesaron sentirse sorprendidos pola temática da obra, polo país onde se desenvolve a acción e en especial polo papel do marabilloso can Buck.

Case todos coinciden en cambiar o final por outro máis feliz. 

Jack London é o autor e propoñen visionar a película e ler outros títulos seus.








O día 12 de abril fixemos unha reunión do club de lectura de 5° de EP onde analizamos os libros Billy Elliot e A idade de Cristal  lidos durante o segundo trimestre. Os dous libros gustaron moito.  

Do libro de Billy Elliot o alumnado foi quen de extraer moitos aprendizaxes:

- A importancia de loitar polos sonos ainda que parezan inalcanzables.

- A non existencia de profesións/ deportes de homes e de mulleres.

- A amistade que non entende de diferencias.

- A necesidade de sentir o apoio e a axuda para superar os contratempos.

E do libro a Idade de Cristal analizamos o por que do título e como as veces non nos comportamos adecuadamente e despois nos arrepentimos... Tamén resultou de interese percibir que o libro enganchou hacia a metade cando Sebastián desaparece.

As apreciacións dos rapaces e rapazas foron do máis interesante.









   

Os alumnos de 2º ESO leron e escenificaron "Los ladrones somos gente honrada" de Jardiel Poncela.

Leron individualmente a obra e comentárona na aula, como se mostraron entusiasmados e ansiosos por explicar cada detalle da trama, propuxemos escenificala léndoa. 

A temática invita a ler e ler para descubrir o final.

Algúns deberon suplantar a identidade de varios persoaxes porque son moitos e de procedencia variada,  ainda así foi unha extraordinaria representación.

Que mellor escenario que o parque de Guntín! As fotos falan por si mesmas.

 







 
 O grupo de adultos segue comunicándose por WhatsApp e presencialmente,  pero tivemos unha xuntanza para consensuar títulos con crítica positiva e de maior demanda. Aproveitamos tamén para intercambiar lecturas para este trimestre.




 

20/2/21

Disfrutando coas novas lecturas

 Anexamos fotos das xuntanzas celebradas para compartir as experiencias vividas coas diferentes lecturas. Todo un éxito!

Comprobade o grado de satisfacción amosado pol@s participantes.








Moby Dick, lido por alumn@s de 1º ESO foi aproveitado en varias materias; finalmente visionaron a película e debatiron sobre as diferenzas entre libro e película.






 
No grupo de adultos tamén seguimos comunicándonos dixitalmente para intercambiar as lecturas.