28/1/24

"Moby Dick" intriga aos lectores de 3º de ESO

Os lectores de 3º de ESO estiveron en suspense coas aventuras  de "Moby Dick".
O libro lido é unha adapación resumida en vintecatro capítulos que recollen o esencial da historia orixinal e conserva a intención e estilo de Herman Melville, novela considerada para moitos "a mellor novela da literatura norteamericana" e para outros, "o mellor libro sobre o mar escrito".
Conta a historia do barco baleeiro Pequod, a cargo do maniático capitán Ahab para vengarse dunha lexendaria balea blanca coñecida como Moby Dick .
A obra expón o valor da profesión dos pescadores en xeral , e dos baleeiros en particular polos riscos en altamar, do  poder dos cargos superiores, da loita entre o ben e o mal e a razón e a locura. 
Abundan as referencias a anatomía , caza e hábitat das baleas que semella un tratado de zooloxía e tamén de filosofía polas decisións a tomar sen cargo de conciencia.
Literariamente combina a narrativa, diálogos teatrales  e ensayo de xeito fluido e ben comprensible.




"Los diarios de Cereza", cinco novelas gráficas que fan disfrutar aos lectores de 1º de ESO

 





  • El zoo petrificado  2. El libro misterioso  3. Los cinco tesoros  4. La diosa sin cara  5. La lluvia de estrellas , son os cinco libros que intercambiaron os lectores/as de 1º de ESO.

Tengo diez años y medio, y mi sueño es llegar a ser escritora. Mi truco para contar historias es observar a las personas, imaginar sus vidas, sus secretos... Todos tenemos un secreto escondido que no contamos a nadie y que nos hace ser lo que somos.

Ese é o comenzo textual desta colección de novelas gráficas premiada co máis prestixioso premio europeo desta categoría .
Esta obra é unha mezcla orixinal de cómic e narrativa na que aparecen elementos compartidos no imaxinario colectivo dos nenos: primeira banda de amigos, cabana na árbore, bicicleta como medio de transporte, personaxes adultos intrigantes...
Destacaron a presentación da obra en cómic,os diálogos con debuxos moi coidados e coloridos que os incitaba a non deixar de ler.
A nivel educativo resaltar a solidariedade que une aos protagonistas compartindo o mundo dos adultos e dos nenos de xeito respectuoso e gratificante.


 



 



 


19/1/24

"Os Sabuxos divírtense no Museo Prohibido" e os lectores de 5º con eles!


Tódolos lectores foron quenes de redactar un resumo das aventuras dos Sabuxos no Museo Prohibido.
Os Sabuxos viven nun barrio tranquilo e divírtense cada día sen maiores artiluxios. Un día atopan un sitio tan secreto que ata ten boa cantidade de aparellos estraños e marabillosos para facer maxia.  Alí divírtense á esgalla sen decatarse de que están pechados.
O máis relevante acto de maxia que experimentan é cando a un veciño lle escapan coellos e coa maxia dun sombreiro conseguen atraelos a todos para a súa casa.

 



Teatro, poesía, e narrativa para lectores do grupo de adultos

 


Teatro: "As alumnas", autora: Paula Carballeira.

O reencontro de dúas mestras no enterro da pedagoga galega María Barbeito , failles rememorar o papel das mulleres no marco histórico anterior e posterior á Guerra Civil e como o franquismo significou un  retroceso na educación do Estado. A educación, peza fundamental no desenvolvemento e libertade das  persoas, especialmente das mulleres, é o tema da obra.

Poesía: "Materia", autora: Yolanda Castaño.

Disfrutamos da lectura en directo dun poema escollido por unha lectora entusiasta deste estilo literario.

Toda a obra mostra metafóricamente temas da memoria persoal e colectiva, a maternidade, a familia, as costumes, a casa e o paso do tempo.  Emprega unha linguaxe profunda, elegante e culta pero á vez comprensible e fácilmente interiorizable.

Narrativa: "Los incomprendidos", autor: Pedro Simón.

Unánimente declarada a mellor obra deste autor, tanto pola temática como pola exposición dos acontecementos empregando unha linguaxe propia dos protagonistas que convida a meterse no seu rol.

Trátase dunha historia  que podería ser real en calquer familia, a viaxe desde a infancia á intrépida adolescencia; os cambios da alborotada infancia ao silencio sepulcral.

 Sobresae a culpa sen dar solución convincente e que provoca máis soedade e incomunicación familiar.

Denuncia a ambición por ter mellor status social que tampouco implica máis felicidade. 







13/12/23

Doblete fan os lectores de 6º de EP con: "Sainza, a punkereteira" e "El cuarto de las ratas".

 

No Club de Lectura de 6° o alumnado analizou polo miúdo “El cuarto de las ratas” que é un libro que atoparon corto e sinxelo de ler. Ao principio custoulles engancharse, pero despois á maioría gustoulles xa que é unha trama de misterio cun final sorprendente e no que se ve o paso hacia a madurez de Margarita, a protagonista.

O segundo libro que leron foi “Saínza, a punkereteira” que lles recordou as Tanxugueiras. Encantáronlles as ilustracións e a historia dunha rapaza libre que ama o rural e que transmite os valores da amizade, da loita contra as inxustizas, do enriquecedor que é o contacto coa natureza e cos avós, da liberdade, da igualdade… En definitiva un libro para recomendar.








5/12/23

Os lectores-investigadores de 3º de ESO, descubren aos autores/as do " Asesinato en el Orient Express"


Por decisión unánime este grupo de lectores de 3º de ESO, escolleron á raiña do xénero da intriga, Agatha Christie, e ao lexendario tren, Orient Express para instruirse no labor policíaco.

Unha viaxe en principio tranquila polas datas e recorrido, vese alterada polo apuñalamento do americano Ratcher. Calquer usuario do tren pode ser considerado culpable, incluso unha altiva princesa e unha institutriz inglesa ... porque ninguén saíu dos vagóns.

A brillante e intelixente deducción do axente Poirot, que enlaza os acontecementos , declaracións dos sospeitosos, pistas  e obxectos atopados , da cos autores do crime.

É unha novela de lectura áxil, entretida, corta para tantos persoaxes, datos e feitos, con trama moi forzada pero con final maxistral. 






 


3/12/23

Lectores de 1º de ESO, comparten os misterios de "A pedra de seixo"

O alumnado de 1º de ESO, le os resumos e anotacións tomadas durante a lectura individual deste libro e compártenas. Os  protagonistas están matriculados no mesmo curso ca eles, as exposicións son tan detalladas que só queda corroborar e puntualizar detalles do que as/os lectoras/es escribiron.

 Un grupo de amigos/as, nunha tarde de aburrimento e á proposta do propietario da "bóla de cristal" que a súa avoa lle regalara polo seu aniversario, deciden sacarlle partido... pero entre eles xorden interrogantes: medo? Nervios? Marcha atrás? Indecisión? Todos tiñan dúbidas do poder da bóla máxica.

O que máis lles gustou foi compartir experiencias, resolver misterios, e contar noticias  parecidas escoitadas por eles mesmos ou familiares pola radio. Aproveitamos a mención deste medio informativo para valorar e resaltar as cualidades que ten fronte a outros con imaxes ás veces impactantes e irreais.
Coinciden tamén na faceta divertida e con moralexa que lles fai reflexionar.





29/11/23

"A gruta da torre" engaiola ao alumnado de 2º de ESO


 


 O alumnado de 2º de ESO disfrutou coas aventuras dun grupo de estudantes que veraneaban en Ribadeo e tiveron a sorte de estar "acompañados " de Cuquita, a foca con final de vida tráxico.

Viven intensas aventuras na búsqueda dun tesouro,  que un documento atopado na vella biblioteca da Torre dos Moreno, di que se esconde... A aventura, os amores de verán e o amor polos libros fraguan fortes lazos de amizade.

O que máis os enganchou foi a confesión dun dos protagonistas: escribiuse este libro por culpa de suspender o galego, e o mestre pedirlle un diario a entregar en setembro.

Sorprendéronse tamén ao citar  Illa Pancha e coincidir que a coñeceron na viaxe de Club de lectura 2023, así como a praia de As Catedrais , A torre dos Moreno, prazas de Ribadeo... e lugares emblemáticos da costa lucense.





 

23/11/23

"Síbaris", "O derradeiro libro de Enma Olsen" e "Reencuentro" ,motivo da xuntanza de lectores do grupo de adultos.


 A cata das "Martietas", galletas galegas feitas e promocinadas por un exalumno deste centro,  e unhas castañas aportadas por unha lectora, deron folgos para compartir as diferentes opinións das seguintes obras:

- "Síbaris", peza teatral escrita por Domingo Vilar. 

Síbaris é representada por quen o autor tiña designado, relata as vivencias dun escritor; as dificultades económicas , a intriga sobre a falta de inspiración do protagonista e a súa vontade de de­saparecer aproveitándose dun veciño, lévannos á  comedia negra. 

O ritmo rápido, o enredo algo complicado e a intención de facer rir converten esta peza de Villar ,  interesante dramatúrgicamente e divertida para o público.

A representación teatral é literalmente a peza escrita polo autor.

- " O derradeiro libro de Enma Olsen" de Berta Dávila.

 Os personaxes aparecen atrapados polas paixóns da alma máis contraditorias, amar, odiar,e agochar segredos que só poden saír cando a vida chega á súa fin.

A protagonista, Emma Olsen afronta os seus derradeiros meses de vida afectada por unha enfermidade terminal e sabe que a morte non tardará en chegarlle.  Emma  é escritora, e decide adicar o tempo que lle queda a rematar unha novela que non é exactamente unha novela, senón unha crónica en primeira persoa dos anos máis importantes da súa vida, os do final da adolescencia. Escribe para revelarnos unha historia de segredos agochados moito tempo. 

- " Reencuentro" de Fred Uhlman.

Esta narración sobre unha amizade que sobrevive a unha época marcada polo nazismo, conmóvenos ás lectoras, e manifestamos a necesidade de que os xoves coñezan a realidade desa época.

O argumento céntrase en dous compañeiros de clase de16 años. Hans, xudeo, e Konradin, un rico aristócrata membro dunha das más antigas familias de Europa. Son inseparables pero un ano despóis, todo terminará entre eles. Na Alemania de 1933, e o ascenso de Hitler ao poder, Korandin entra a formar parte do exército nazi, mentras Hans vai exiliado

Anos despóis, instalado en Estados Unidos, Hans intenta esquecer o siniestro episodio que os separou , pero Hans reencontrará, ao amigo perdido.

Esta obra maestra reaparece agora coa mesma capacidade de conmover.

O seu éxito mereceu ser traducida e lida no mundo enteiro.